Artigos, Divulgación científica, Literatura, Poesía, Musica

Paisaxes de ensono. Paisaxes do soño

 

 Dicir “ Europa “ evoca o fume das chemineas das fábricas e o formigueo de vehículos e xentes carrexando dun lado a outro … Malia isto, Europa conserva, milagreiramente, oasis de natureza salvaxe, onde peneiran o aire o avelaiona de Lapón e o mascato atlántico ; entrecruzan os cornos os bisontes polacos ou axexa, agochado, o lince ibérico ... patrimonio do noso continente, tan valioso como os roteiros románicos do Camiño de Santiago ou o percorrido polo barroco/rococó do Danubio ...

  Outra paisaxe de ensono é o remoto Tíbet, onde, fai dúas xeracións, milleiros de porteadores dobrábanse baixo os cento quince quilos de pacas de té ( o ouro verde da época ), escalonándose no seu descenso por vertixinosos barrancos, ó xeito do monumental palacio branco e vermello do Dalai Lama : o Potala, en Lhasa. Os monxes budistas apuraban as tazas daquel líquido fumegante, mesturado con sal e manteiga de yak, para loitar contra o soño e meditar …

  Ó revés que os lamas, os afectados polo mal xenético do Insomnio Fatal Familiar morren de cansazo a unha idade mediana … E, falando de soño, os científicos cartográfannos a paisaxe do mesmo a través de nenos e adolescentes.

  Xa que estamos … ide á Biblio e lede o número de Nacional Geographic (maio) sobre estes e outros temas interesantes … pero, por favor, non vos durmades nos pufs, eh?

 

El Señor de las moscas

Excelente libro do Premio Nobel William Golding que nos achega unha especie de fábula moral sobre a condición humana na que se nos expón, dunha forma moi amena, a teoría de que unha educación excesivamente represiva e dura pode causar que as persoas cometan tolerías cando non teñen quen lles controle.

¿Imaxinádevos nunha illa deserta sen pais, profesores ou calquera outra persoa maior que teña conta de vós?

Se cadra os rapaces de 4º de ESO que xa leron o libro deron coa resposta.

RESUMO DO LIBRO

A novela conta a historia dun fato de rapaces que, logo de sobreviviren a un accidente aéreo, teñen que organiza-la súa vida nunha illa deserta sen a presencia dos adultos. Os rapaces da illa de Señor das moscas son, de certo, personaxes dunha parábola ou dunha fábula que, coma tódalas grandes parábolas, lle revela ó lector unha conexión íntima e desacougante entre o aspecto inocente, de literatura de entretemento, que ten a súa superficie, e os fondos abismos do seu interior. Segundo William Golding "A moral da novela é que a estructura dunha sociedade debe depender da natureza ética do individuo, e non dun sistema político, aínda que sexa aparentemente lóxico e digno de respecto. O libro", afirma o autor, "ten, en conxunto, unha natureza simbólica".

Escapado. Do monte Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón, de Luís Lamela

 

 Escapado. Do monte Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón, de Luís Lamela

 

 

 

Lamela García, Luís, Escapado. Do monte Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón, Vigo: Editorial Xerais de Galicia, col. Crónica, xuño, 2009, pp. 262. (ISBN: 978-84-9914-019-3).

Luís Lamela García (Corcubión, 1945) publica o seu primeiro libro en galego e continúa coa temática dos anteriormente publicados en castelán, é dicir, a investigación sobre a represión franquista durante a posguerra e a ditadura. Nos trinta e dous capítulos que compoñen o libro, Luís Lamela conta a historia dos homes que fuxiron ao espazo mítico do monte Pindo en 1936 para non loitar no bando nacional do xeneral Franco. Como consecuencia deste feito, decenas de fuxidos, a maior parte deles moi xoves, foron perseguidos ata acabar encontrando a morte, outros a guerra e a maioría o cárcere. Outra parte destes homes rematou morrendo nos campos de concentración nazis e un número moi pequeno conseguiu alcanzar o exilio. Un destes mozos que logrou sobrevivir foi Teófilo Caamaño Formoso, alcumado O Cantolo, o cal é o protagonista do libro. O Cantolo regresa á Coste da Morte, ao monte do Pindo, con oitenta e tres anos e logo de sesenta anos de exilio nos Estados Unidos. Luís Lamela presenta ao Cantolo como un home que regresa para encontrarse coa súa memoria, co seu pasado e a partir de aquí relata a súa inicial fuxida, a detención posterior e a tortura que sufriu na localidade de Corcubión. Despois trasladárono ao castelo de San Felipe en Ferrol e alí coñeceu a súa sentenza: doce anos e un día de reclusión temporal. De aí mudárono para o lazareto da illa de San Simón, daquela convertido en penal. Milagrosamente consegue sobrevivir a un fusilamento e regresa ao monte Pindo. Alí contacta con outros fuxidos e planean marchar de España nun barco e, ao final, lógrano. O exilio espera ao Cantolo, primeiro Francia e logo os Estados Unidos. Luís Lamela mestura neste libro algúns datos históricos coa súa inventiva e desta maneira conta a historia de Teófilo Caamaño, o Cantolas, un dos fuxidos ao monte Pindo tras a sublevación franquista do ano 1936.

 

JOAN MANUEL SERRAT canta a MIGUEL HERNÁNDEZ

Joan Manuel Serrat i Teresa (Barcelona, 27 de decembrode 1943) é un cantautor, compositor, intérprete, poeta e músico español.
Trátase dunha das figuras máis destacadas da canción moderna tanto en lingua española como catalana.
A súa obra ten influencias doutros poetas, como Mario Benedetti, Antonio Machado, Miguel Hernández, Rafael Alberti, Federico García Lorca, Pablo Neruda ou León Felipe entre outros; así como de diversos xéneros, como o folclore catalán, a copla española, o tango, o bolero e do cancioneiro popular de Latinoamérica, pois versionou cancions de Violeta Parra e de Víctor Jara.
É un dos pioneiros do que se chamou a Nova Cançó catalana. Joan Manuel Serrat é coñecido tamén polos alcumes de El noi del Poble-sec (‘o neno de Poble Sec’, o seu barrio natal) e o Nano en Arxentina.

Órbitas de vida, órbitas de morte

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Sostén Jacques Monod que a vida evoluciona tanto polo azar como pola necesidade ¿E a vontade dos individuos? Os seres humáns somos sorpresivos e sorprendentes namentres os astrónomos persiguen órbitas de vida (os "límites do vermello"); nos catrocentos exoplanetas descubertos ata agora, os monxes ortodoxos arrédanse do mundo nese anzol pedraguento (Como a "cidade de los pináculos dos lemures malgaches) que se chama Península de Athos,enchendo de viño as órbitas baleiras dos cranios dos seus compañeiros mortos ou, como din eles, "dixerindo a morte". Así, uns anceian descubrir novos mundos; outros considéranse mortes neste

Achegádevos ao exemplar de decembro de National geographic e comparade estas dúas visións/vivencias...¿Mirade que haille que sacar brillo aos pufs da biblio!

Distribuir contido