El Señor de las moscas

Excelente libro do Premio Nobel William Golding que nos achega unha especie de fábula moral sobre a condición humana na que se nos expón, dunha forma moi amena, a teoría de que unha educación excesivamente represiva e dura pode causar que as persoas cometan tolerías cando non teñen quen lles controle.

¿Imaxinádevos nunha illa deserta sen pais, profesores ou calquera outra persoa maior que teña conta de vós?

Se cadra os rapaces de 4º de ESO que xa leron o libro deron coa resposta.

RESUMO DO LIBRO

A novela conta a historia dun fato de rapaces que, logo de sobreviviren a un accidente aéreo, teñen que organiza-la súa vida nunha illa deserta sen a presencia dos adultos. Os rapaces da illa de Señor das moscas son, de certo, personaxes dunha parábola ou dunha fábula que, coma tódalas grandes parábolas, lle revela ó lector unha conexión íntima e desacougante entre o aspecto inocente, de literatura de entretemento, que ten a súa superficie, e os fondos abismos do seu interior. Segundo William Golding "A moral da novela é que a estructura dunha sociedade debe depender da natureza ética do individuo, e non dun sistema político, aínda que sexa aparentemente lóxico e digno de respecto. O libro", afirma o autor, "ten, en conxunto, unha natureza simbólica".