Portada

encher paxina principal do espazo

Visita a UNITOUR

Visita a UNITOUR 

O 18 de decembro, 43 alumnos de 1º e 2º de bacharelato acompañados de dous profesores, visitaron a feria UNITOUR en PALEXCO (A Coruña). Nesta instalacións poideron obter información sobre a diferente oferta educativa que se ofrece dende o ámbito universitario en España.

 

Convocatoria para profesorado para Formación en Italia

Erasmus+ 2019-2020

CONVOCATORIA DE VACANTES PARA O PERSOAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL (CICLOS MEDIOS E FPB) DO IES EDUARDO PONDAL, PONTECESO PARA PARTICIPAR NO PROXECTO ERASMUS + KA 102 DO 2019, TITULADO “SAFE@WORK”.

A COMISIÓN AVALIADORA DO PROXECTO, FORMADA POR:

* Directora, Mª Teresa Varela Abelenda.

* A Vicedirectora, Patricia Iglesias Pereira.

* O Xefe de Estudos de Adultos, Andrés López Fontán.

* A Coordinadora do Proxecto, Mónica González Sánchez.

* Equipo de coordinación Erasmus+, Emiliano Rivero Fuentes.

Realiza a presente convocatoria para ofertar prazas e, posteriormente, seleccionar ao persoal de Formación Profesional do IES Eduardo Pondal, Ponteceso (Equipo Directivo, Equipo de Orientación, Profesorado de FP, familias do alumnado de FP, e outro persoal relacionado coa FP do centro), para facer un período de observación pedagóxica ou profesional nunha empresa ou institución europea.

N.º DE PRAZAS:

Convócanse un total de DÚAS prazas para a mobilidade do persoal de Formación Profesional do IES Eduardo Pondal, Ponteceso, durante o período dunha semana, entre marzo e xuño de 2020.

PRAZO DE INSCRIPCIÓN:

O prazo para presentar a solicitude é de CINCO días hábiles, contando a partir da data de publicación desta convocatoria.

REQUISITOS:

Formar parte da Comunidade Educativa de Formación Profesional do IES Eduardo Pondal, Ponteceso.

No caso de que se presenten máis solicitudes que prazas ofertadas, seguirase o criterio da data de presentación da solicitude.

CRITERIOS DE SELECCIÓN

1º.-Ser funcionario de carreira: 20%

     Por cada ano de funcionario de carreira se acadará 0.2 puntos cun máximo de 2 puntos.

2º:-Anos con destino definitivo no centro: 30%

     Por cada ano de permanencia ininterrumpida no centro se acadará 0.3 puntos cun máximo de 3 puntos.

3º.-Coñecemento do idioma do país da mobilidade ou de inglés: 10%

    Acreditación dos coñecementos lingüísticos a través de documentos acreditativos (B2 ou superior): por cada idioma acadaráse 0.2 puntos.

4º.- Participación na organización do proxecto Erasmus +: 20%

5º- Participación nas actividades da comunidade educativa (contratos programa, biblioteca, club de ciencias, etc...) durante o presente curso:20%

A Comisión Avaliadora realizará a selección VINTE DÍAS LECTIVOS despois do remate do prazo de inscipción e publicará a resolución nos tablóns de anuncios do centro, na páxina web, na Aula Virtual do centro e no blog do proxecto, https://erasmusplus-ponteceso.blogspot.com.es/Ponteceso12

Visita ás instalación do CIQUS e CACTUS

Visita ao CIQUS USC

O 29 de novembro, 11 alumnos de 2ºA de bacharelato acompañados de dous profesores, visitaron as instalacións de CIQUS e do CACTUS da Univesrsidade de Santiago de Compostela

Os responsables do CIQUS e do CACTUS fixéronnos un percorrido polas instalacións da universidade, explicándonos as distintas investigacións que se estan a realizar.

O Instituto  agradece ao CIQUS e ao CACTUS a nosa acollida nas súas instalacións.

 

Espazo Educar

Nais, Pais, Profesorado e Alumnado

OUTUBRO 2019

CONFERENCIA  SOBRE O SÍNDROME DE ASPERGER OU TEA

Para apuntarse a conferencia indíquenos os seguintes datos por correo electrónico ou deixándoos en secretaria.

Apelidos e Nome:____________________________________________

Pai/Nai/Titor/a do  alumn@s____________________________________

Curso___________________ Teléfono___________________________

Correo electrónico: ies.eduardo.pondal.ponteceso@edu.xunta.es

Asunto: Asistir a conferencia do 29/10/2019

Prazo: Luns ás 11:00h

Contido da conferencia

Impreso para confirmar asistencia

Distribuir contido