Portada

encher paxina principal do espazo

Resolución da CONVOCATORIA DE VACANTES PARA O PERSOAL DE FORMACIÓN PROFESIONAL (CICLOS MEDIOS E FPB) DO IES EDUARDO PONDAL,PONTECESO PARA PARTICIPAR NO PROXECTO ERASMUS + KA 102 DO 2019, TITULADO “SAFE@WORK”.

 

A día 21de xaneiro de 2020, reuniuse a  COMISIÓN AVALIADORA DO PROXECTO, e publicou a resolución, que se poderá consultar no taboleiro de anuncios do instituto.

CONVOCATORIA DE VACANTES PARA O ALUMNADO DE 2º CURSO DE FORMACIÓN PROFESIONAL (CICLOS MEDIOS) PARA PARTICIPAR NO PROXECTO ERASMUS + KA 102 DO 2019 TITULADO “SAFE@WORK”

 

A COMISIÓN AVALIADORA DO PROXECTO, FORMADA POR: 

- A Directora, Mª Teresa Varela Abelenda 

- A Vicedirectora, Patricia Iglesias Pereira.

- O Xefe de Estudos de Adultos, Andrés López Fontán.

- O Colaborador nos Proxectos Erasmus Plus, Emiliano Rivero Fuentes 

- A Coordinadora do Proxecto, Mónica González Sánchez 

Realiza a presente convocatoria para informar sobre as características da mobilidade que se oferta e o proceso de selección do alumnado de 2º curso de Formación Profesional do IES Eduardo Pondal, Ponteceso para facer a FCT nunha empresa ou institución europea. 

TIPO DE MOBILIDADE: 

Período de formación (FCT) nunha empresa ou institución europea. 

REQUISITOS: 

1º - Estar matriculado no IES Eduardo Pondal, Ponteceso, en 2º Curso de FP (Ciclos Medios). 

2º - Ter todos os módulos aprobados no momento en que presenten a sua candidatura. 

3º - Ter 17 anos cumpridos na data na que se desenvolva o proxecto. 

4º - Comprometerse á participación en charlas informativas ou presentacións de futuros proxectos para á difusión da experiencia vivida, tanto dentro como fora do centro.  

5º - Conceder a cesión dos seus datos e imaxe persoal para a difusión da participación no proxecto Erasmus.

6º - Presentar a solicitude en tempo e forma.  

CRITERIOS DE SELECCIÓN:  

1º - Informe do Equipo Docente, onde se valorará a actitude e a madurez do alumnado durante o curso: 50%. 

2º - Valoración do Cuestionario da Solicitude presentada polo alumnado: 30% 

3º- Asistencia a clase: o alumando que teña todas as faltas xustificadas acadará o 20% neste apartado. O alumando que teña entre 5 e 10 faltas sen xustificar acadará o 10%. O alumnado que teña hasta 15 faltas sen xustificar acadará o 5%.  

No caso de empate, terá prioridade o alumnado que teña a nota media máis alta no primeiro curso. 

COMENZO E DURACIÓN DAS MOBILIDADES:  

A mobilidade farase entre marzo e xuño de 2019 e a súa duración  será de dez días naturais, incluídos os días da viaxe. 

PRAZO DE INSCRIPCIÓN:   

O prazo para presentar a solicitude é de dúas semanas, contando a partir da data de publicación desta convocatoria. O formulario para a solicitude recollerase e poderase entregar á titora ou en Dirección. 

RESOLUCIÓN E PUBLICACIÓN DA SELECCIÓN:  

A Comisión Avaliadora realizará a selección dúas semanas despois do remate do prazo de inscipción e publicará a resolución na páxina web e no Aula Virtual do centro e no blog do proxecto, https://erasmusplus-ponteceso.blogspot.com.es/  

MODELO SOLICITUDE

Visita as instalacións de Reganosa

Visita a REGANOSA 

O 16 de xaneiro, 35 alumnos de 1º e 2º do ciclo medio de electromecánica e de 1º e 2º daFPB de mantemento de vehículos acompañados de tres profesores, visitaron as inatalacións de REGANOSA en Mugardos.

 

Acto de entrega de premios nadal 2020

Actividade premios nadal 2020

O 20 de decembro, fixéronse entrega dos premios do Nadal 2020 na biblioteca.

Un Bo Nadal a todos. Esperamosvos no próximo ano.

 

Visita a UNITOUR

Visita a UNITOUR 

O 18 de decembro, 43 alumnos de 1º e 2º de bacharelato acompañados de dous profesores, visitaron a feria UNITOUR en PALEXCO (A Coruña). Nesta instalacións poideron obter información sobre a diferente oferta educativa que se ofrece dende o ámbito universitario en España.

 

Distribuir contido