ORIENTALINE
Club de lectura
Escapado. Do monte Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón, de Luís Lamela
Escapado. Do monte Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón, de Luís Lamela
Lamela García, Luís, Escapado. Do monte Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón, Vigo: Editorial Xerais de Galicia, col. Crónica, xuño, 2009, pp. 262. (ISBN: 978-84-9914-019-3).
Luís Lamela García (Corcubión, 1945) publica o seu primeiro libro en galego e continúa coa temática dos anteriormente publicados en castelán, é dicir, a investigación sobre a represión franquista durante a posguerra e a ditadura. Nos trinta e dous capítulos que compoñen o libro, Luís Lamela conta a historia dos homes que fuxiron ao espazo mítico do monte Pindo en 1936 para non loitar no bando nacional do xeneral Franco. Como consecuencia deste feito, decenas de fuxidos, a maior parte deles moi xoves, foron perseguidos ata acabar encontrando a morte, outros a guerra e a maioría o cárcere. Outra parte destes homes rematou morrendo nos campos de concentración nazis e un número moi pequeno conseguiu alcanzar o exilio. Un destes mozos que logrou sobrevivir foi Teófilo Caamaño Formoso, alcumado O Cantolo, o cal é o protagonista do libro. O Cantolo regresa á Coste da Morte, ao monte do Pindo, con oitenta e tres anos e logo de sesenta anos de exilio nos Estados Unidos. Luís Lamela presenta ao Cantolo como un home que regresa para encontrarse coa súa memoria, co seu pasado e a partir de aquí relata a súa inicial fuxida, a detención posterior e a tortura que sufriu na localidade de Corcubión. Despois trasladárono ao castelo de San Felipe en Ferrol e alí coñeceu a súa sentenza: doce anos e un día de reclusión temporal. De aí mudárono para o lazareto da illa de San Simón, daquela convertido en penal. Milagrosamente consegue sobrevivir a un fusilamento e regresa ao monte Pindo. Alí contacta con outros fuxidos e planean marchar de España nun barco e, ao final, lógrano. O exilio espera ao Cantolo, primeiro Francia e logo os Estados Unidos. Luís Lamela mestura neste libro algúns datos históricos coa súa inventiva e desta maneira conta a historia de Teófilo Caamaño, o Cantolas, un dos fuxidos ao monte Pindo tras a sublevación franquista do ano 1936.
O LAPIS DO CARPINTEIRO
Este ano o club dos medianos (é dicir os de 3º e 4º de ESO) estamos a ler O lapis do carpinteiro e cando o rematemos imos facer unhas actividades moi sinxelas para que conste que lemos o libro, e de paso pasar un bo rato . Se alguén que o liu é quen de facelas invitámolo a xogar e a aprender un pouquiño de historia, ANIMÁDESVOS?? |
O señor Ibrahim e as flores do Corán
Queres saber que significa a liña negra que apareceu no corredor do instituto?
Preme aquí e poderás descubrilo |
Unha invitación
Parece que foi onte cando estivemos tomando un chocolate para
Dende esa actividade conxunta fomos lendo libros en tres grupos diferentes polo
que parece adecuado rematar con outra actividade na que volvamos a estar todos xuntos. Esta vez imos reunirnos coa poesía como excusa. O último libros dos tres clubes do instituto vai ser Poesía para los que leen prosa, unha recompilación de poemas recomendados por varias persoas. Pero como non somos clasistas, ofrecémovos a todos os membros da comunidade educativa a posibilidade de participar na nosa lectura. Tendes á vosa disposición o libro que estamos lendo na conserxería do edificio de bacharelato e podedes collelo cando queirades con dúas condicións; que o devolvades ao seu sitio cando acabedes e que nos recomendedes, no folio que acompaña ao libro, un dos poemas que aparece nel. |