ORIENTALINE
Club de lectura
Presentación club de lectura 2011/12
Todo un éxito, como xa vén sendo habitual, a presentación dos clubs de lectura no instituto. Parece que isto de alimentar o corpo e a mente éche moi efectivo .
Gozade do vídeo
SAMAÍN 2011
I CONCURSO DE LENDAS
DA NOITE DE SAMAÍN
Achégase o tempo do medo, o tempo das cabazas , das historias de mortos , e das pantasmas . Un ano máis no instituto convocámosvos a unha oportunidade única de facernos tremer …e rir.
Lede as bases que siguen e deixádevos levar pola imaxinación para facernos pasar un mal rato.
Premios arrepiantes!!!!
“Chocolatada” arredor dos libros
Un ano máis o club de lectura LIBRO DE PETO do IES Ponteceso, convócavos á primeira reunión arredor dunha cunca quentiña de chocolate , unhas cantas pastas e moitas ideas para ler neste curso. Como é xa habitual formaremos tres grupos de avezados lectores: Os de 1º e 2º de ESO, os de 3º e 4º e, por último , os Bacharelatos e aínda que o ano pasado lles puxemos nomes, e incluso logos, estamos abertos a calquera tipo de cambios, suxestións, ideas … Queremos ler, pasalo ben e compartir, así que esperámosvos o vindeiro 14 de outubro no recreo e na biblioteca. Feliz chocolatada e… boas lecturas!!! |
Xuntanza dos Esquíos Lectores co libro "Asmir no quiere pistolas"
Deixamos aquí e no noso blog da biblioteca "Biblioaponte" a reportaxe gráfica sobre a actividade que fixemos o luns 4 de abril para traballar e recapacitar un pouquiño sobre a triste realidade que lle toca vivir ó protagonista do libro que limos "Asmir no quiere pistolas", un rapaz que vive a traxedia da guerra de Bosnia dende o punto de vista dos refuxiados. Cóntanos como é a súa viaxe ata Viena, os medos e as alegrías que ten, a morriña pola súa terra e sobre todo, a lembranza polo seu pai, que non puido viaxar con eles. Un libro moi recomendable, fermoso e triste á vez.
A xuntanza consistiu nun picnic, que tomamos ó aire libre no coidado céspede do noso instituto. Tivemos moita sorte co día, porque estivo moi asollado. Cando rematamos de xantar e reposar un pouquiño, fomos directamente á nosa biblioteca a traballar e realizar un pequeno resumo dos personaxes e a viaxe, que fixemos entre todos. Quedou reflectido nun mural que se pode ver colgado na biblioteca.
Novo libro de lectura para o club dos Esquíos Lectores: ASMIR NO QUIERE PISTOLAS
Asmir no quiere pistolas é o novo libro que estamos a ler os Esquíos Lectores, que xa temos a nosa próxima xuntaza no recreo do vindeiro luns 14.
Como xa sabedes o 30 de Xaneiro celébrase coma todos os anos o DÍA DA PAZ, aínda que nós vivamos nunha sociedade cunha calidade de vida moi boa, non toda a xente ten esta sorte, e moit@s rapaces e rapazas coma vós viven a traxedia da guerra. Por exemplo, o día 12 de Febreiro adícase Ó DÍA INTERNACIONAL CONTRA A UTILIZACIÓN DOS NENOS SOLDADO, porque en moitos países os rapaces e rapazas non teñen a oportunidade de medrar xogando e aprendendo... senón que, desgraciadamente, son obrigados a coller un arma e matar.
A historia que nos conta o protagonista do novo libro que estamos a ler, Asmir, un neno de sete anos, trata tamén dunha guerra, a guerra de Bosnia, e a viaxe que emprende con case toda a súa familia fuxindo como refuxiados da súa casa de Saraxevo por varias cidades. Este libro achegaranos á triste realidade do que significa ser un refuxiado e o sen sentido das guerras.