ORIENTALINE
Club de lectura
OS ESQUÍOS LECTORES!
Os integrantes do Club de lectura do 1º ciclo da ESO xa pensaron no nome do club: OS ESQUÍOS LECTORES... e ademais dous deles, Paula Blanco López e Diego Pérez Couto, fixeron un debuxo como icona do club.
Por outra banda, xa rematamos o primeiro libro, que eliximos para ler: Rudi Fuciños, o cocho de carreiras.
Ós nosos lectores, en xeral, gustoulles pero estaban todos moi de acordo en que non terían un porquiño como mascota!
Felices ano 2011
Quedamos o mércores a quinta hora no edificio de bacharelato para ver Blade Runner.Lembrade que a volta das vacacións temos a reunión para falar sobre a nosa segunda lectura do curso: A miña planta de laranxa lima.Ademais temos pendentes tres, ou catro, recensións de libros: Mariña e Los girasoles ciegos, Jenni e Perdona si te llamo amor, Adrián e V de Vendetta e Ismael que aínda non elixiu título. Agora falta que se anime algún profesor. Feliz ano 2011 e collede forzas porque aínda nos queda moito por facer o ano que vén.
|
VAICHE BOA!
XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA DE 1º E 2º DA ESO
5-5-10
A PRÓXIMA XUNTANZA TERÁ LUGAR NA BIBLIO, O PRÓXIMO MARTES 18 NO RECREO.
OS CAPÍTULOS SON OS SEGUINTES:
O ESQUELETO DO RETRETE
EL SEÑOR DE LAS MOSCAS
Excelente libro do Premio Nobel William Golding que nos achega unha especie de fábula moral sobre a condición humana na que se nos expón, dunha forma moi amena, a teoría de que unha educación excesivamente represiva e dura pode causar que as persoas cometan tolerías cando non teñen quen lles controle. ¿Imaxinádevos nunha illa deserta sen pais, profesores ou calquera outra persoa maior que teña conta de vós? Se cadra os rapaces de 4º de ESO que xa leron o libro deron coa resposta.
|