portada30

Lingua Galega e Literatura

"Arnoia, Arnoia"

O vindeiro mércores 17 de outubro de 2018 o alumnado de 4º ESO asistirá no Salón Teatro a ver a obra "Arnoia, Arnoia". Sairán as 10:30 e voltarán as 12:50 horas.

Máis información da obra centrodramatico.

Divinas Palabras

Os departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá levarán ó alumnado de 1º Bacharelato a ver "Divinas Palabras" o vindeiro  mércores 25 de abril dende ás 10:50 as 13:30 horas

Premios San Clemente

Participación do alumnado de bacharelato nos Premios San Clemente 2018. Asistimos a dúas charlas, a primeira co autor galego Xosé Monteagudo, premio 2018 de narrativa en galego con "Todo canto fomos", a segunda con Fernando Aramburu, cuxa obra "Patria" foi merecedora do premio para a narrativa en castelán.

Asistimos tamén á entrega dos premios no Auditorio de ABanca e á cea que tivo lugar no Hostal dos Reis Católicos

Premios San Clemente

 

Máis información dos premios no seguinte enlace

Fotos da visita a Lugo

Visita ó Castro de Viladonga

Visita o Castro de Viladonga e Murallas de Lugo

O vindeiro martes 7 de novembro os alumnos e alumnas de 3º e 4º ESO visitarán o Castro de Viladonga e as Murallas de Lugo. Sairán ás 8:50 horas e voltarán as 18:30 horas aproximadamente.

CORRELINGUA 2017

O vindeiro luns 8 de maio o alumnado de 1º ESO e 2º ESO asistirán en Santiago o CORRELINGUA 2017. Sairán as 10: 15 horas.

Actividades con motivo das Letras Galegas en memoria do poeta Manuel María. 6 maio 2016

Coa conmemoración das Letras Galegas, en memoria do poeta-escritor Manuel María, que se celebra o día 17 de maio de 2016, se farán no centro diversas actividades no centro o día 6 de maio entre as que figuran:

- Recital Poético-Musical e Poemas de Manuel María. Data ehora: 16 de maio, de 10:50 a 12:50 h. Gruò: 2º ESO.  >Profesorado acompañanate: Ana Castiñeira (Departamento de Galego) e María Gimènez (Departamento de Música).

Visita á casa de Neira Vilas. 24 de febreiro 2016.

Visita á casa de Neira Vilas. Lugar: Vila de Cruces (Gres). Data e hora: Martes, 24 de febreiro, de 9 a 14:30 h.

Gurpos: 1º ESO e 2º ESO. Profesoras acompañantes: Ana Castiñeira, Gumersinda Puga e Carmen Lado.

Roteiro de “A esmorga”. Marzo 2016

Data e hora: Martes, 8 de marzo, de 9:00 a 18:00

Departamento: Lingua Galega

Visita ao Castro de Baroña . 15 de xuño

Nome da actividade: Visita ao Castro de Baroña    Día e hora: 15 de xuño de 8:50 a 14:30.

Grupos: 1º e 2º ESO, Div-I e Div-II   Lugar: Porto do Son   Profesoras acompañantes: Pilar González, Isabel Lourido,Sinda Puga e Ana Castiñeira

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer