portada30

VIAXE DIDÁCTICA A XENEBRA (SUÍZA)

O Dpto. de Física e Química, coa colaboración do Equipo de Normalización Lingüística esta preparando unha VIAXE DIDÁCTICA a Xenebra do 11 ao 14 de febreiro de 2016.

O eixe central será a visita ao CERN (Laboratorio Europeo de Física de Partículas), e ademais coñeceremos outras dúas institucións moi importantes que teñen sede nesa cidade helvética:

.- Edifico das Nacións Unidas

.- Museo da Cruz Vermella

Visitaremos, ademais, a cidade co seu impresionante lago e as rúas da súa parte vella e as da parte moderna.

Os nosos alumnos e alumnas na visita de Marzo de 2014.

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer