portada30

Semana de traballo e confraternización do proxecto europeo Comenius "Biodiversity or Rivers" do IES de Sar xunto con outros seis centros de secundaria europeos. outubro de 2014.

Do 27 ao 31 de outubro deste ano 2014 celebrouse no noso centro a cuarta reunión de traballo-convivencia do proxecto europeo Comenius “Biodiversity of Rivers”, que o IES de SAR xunto con outros seis centros de secundaria de Turquía, Portugal, Rumanía, Francia, Chipre e Polonia están a desenvolver durante os cursos 213-14 e 2014-15. Durante o día 27 de outubro estiveron chegando os alumn@s e profesor@s dos centros visitantes sendo recibidos polas familias do alumnado correspondente e por profesores e profesoras que colaboran neste proxecto do noso centro. Ás nove da mañá do día 28 comezou a recepción no salón de actos, onde tivo lugar o acto de apertura da reunión coa participación do Director de Innovación Educativa e Formación Profesional, D. Manual Corredoiras, A Inspectora do Centro e a directora do IES de SAR. Na foto 2 amósase o saúdo de benvida ás escolas europeas socias por parte do alumnado participante xunto con algúns dos profesores do IES de SAR implicados no proxecto.

 

Acto seguido e tras un breve pero maravilloso agasallo musical de música tradicional galega interpretada coa gaita e pandereta por dous alumn@s da ESO, procedeuse á sesión de exposicións das diferentes presentacións relacionadas todas eles coa biodiversidade presente nos ríos, con especial mención á fauna e flora a nivel macroscópico, destacando a gran calidade dos traballos realizados dos diferentes países. De seguido, os profesoras e profesoras participantes na reunión avaliaron as tarefas realizadas e planificaron as vindeiras reunións en Portugal e Illa Reunión. Despois do xantar nun restaurante de sona ben gañada en especialidades culinarias galegas no casco antigo da cidade, os profesores e profesoras disfrutamos dun paseo polo lo centro da zona monumental que rodea á catedral, mentres que o alumnado practicou actividades deportivas nas instalacións do centro. Foto 3.


 

O día vinte e nove adicouse a realizar unha excursión guiada á xoia do bosque atlántico caducifolio remanente en Europa, as Fragas do Eume. A paisaxe espectacular desta foresta amosa perfectamente como en ningún outro sitio de Galicia os tres estratos de vexetación dos ríos, o arbóreo, os xuncos e plantas da ribeira, e as plantas acuáticas e do leito do río. Foto 4. Entre a enorme biodiversidade de especies destacan especialmente varias especies de fentos relictos de máis de dous millóns de anos de antigüidade como Davallia canariensis, Culcita macrocarpa e Wodwardia radicans.

A escalada rematou no mosteiro románico de Santa Cruz do século XII, hoxe perfectamente restaurado. Foto 5.

 

O día completouse cunha excelente comida na centro de Formación Profesional con ciclo de Hostelería de Pontedeume e coa visita ao castelo de Santa Cruz en Oleiros, construído no século XVI para defender a cidade da Coruña do corsario Francis Drake. O terceiro día fíxoso a segunda das excursións programadas, neste caso ao espectacular Parque Natural de Corrubedo, un dos mellores complexos intermareais de Galicia, counha gran duna, dúas lagoas e zonas de marismas, e a zona boscosa colindante con predominio de piñeiro marítimo. Pola mañá, despois de visitar o centro de recepción de visitantes poidemos ver un magnífico documental con información sobre a orixe das Rías e a súa biodiversidade, asi como sobre o entorno físico e a etnografía da área de Corrubedo. De seguido, e atravesando o bosque de Pinus pinaster observamos unha mámoa celta na mesma praia do Vilar para finalmente acceder á lagoa de Vixán, con auga doce aportada polo río amendo.  Na foto 6 pódese ver a lagoa de Vixán e ao fondo o pobo de Corrubedo.

 

O xantar do mediodía resultou ser unha maravillosa experiencia degustando empanada galega en tres especialidades, tortilla de pataca e outras lindezas da nosa gastronomía e todo baixo a sombra dos piñeiros, o que facilitou unha sobremesa e convivencia moi enriquecedora. Aproveitando as boas condicións climatolóxicas, pola tarde achegámonos ata as inmediacións da gran duna existente no parque e á lagoa de Carregal, xa con augas salobres, que nos amosou en marea baixa unha estampa de paraíso co océano Atlántico na lonxanía da ancha praia. Polas verbas dos estudantes e profesor@s estranxeiros estas imaxes quedarán no recordo como paraje fermoso a volver a visitar. Foto 7.

 

Pola noite, no restaurante Monte da Condesa celebrouse a cea-festival de despedida na que se entregaron os certificados a todos os participantes nestes días de confraternización e traballo do proxecto. Foron uns momentos felices nos que, entre uns pasos de baile e sorteo de agasallos, se poideron afondar os lazos de amizade entre todos os concurrentes. Fotos 8 e 9.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer