portada30

Actividade de Química no centro CIQUS da USC para 2º de Bacharelato - 2 de abril

"A investigación en Química: Ciencia creativa para un mundo mellor"
Lugar: CIQUS -Facultade de Química - USC
Día e hora: 2 de abril, de 9:40 a 13:40
Lugar: Santiago
Grupos: 2º Bacharelato-C (Ciencias)
Profesor responsable: Ramón Cid
Observacións: a 1º e 6ª hora haberá clase normal.
A misión do CIQUS é o desenvolvemento da investigación de caracter transdisciplinar, para abordar os grandes retos actuais nos ámbitos da química biolóxica e do desenvolvemento de novos materiais funcionais, baixo parámetros de calidade e competividade. A actividade do CIQUS dirixirase á resolución de problemas científica e tecnoloxicamente relevantes, contribuíndo á mellora da calidade de vida das persoas e ao desenvolvemento socioeconómico do contorno.
Pretende así mesmo contribuír á formación dos mellores investigadores en química das futuras xeracións, e a que a sociedade perciba e aprecie as contribucións da química ao desenvolvemento e benestar global.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer