portada30

Conferencia de Chema Caballero sobre os nenos soldado de Serra Leona: 26 de febreiro.

Chema Caballero é ex misioneiro xaveriano, nacido en Castuera (Badajoz), licenciado en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid, 1984. licenciado en Estudos Eclesiásticos pola Universidade Pontificia de Salamanca (Baccalaureatus in Teoloxía) en 1995, Master en Ciencias Sociais por the Long Island University, Nueva York, Estados Unidos de América en 1.998. Foi ordenado sacerdote en 1995.  En xuño de 2011 decide romper a súa relación cos misioneiros xaverianos e deixa de exercer o sacerdocio.


Chega a Serra Leona en 1992, onde ten realizado traballos de promoción de xustiza e paz e dereitos humanos. No  1999 asume a dirección do programa de rehabilitación de menores soldados dos misioneiros xaverianos en Sierra Leona, abrindo o centro de St. Michael en Lakka a poucos kilómetros de Freetown, o centro permaneceu aberto ata abril de 2002.


No ano 2003  comeza un proxecto novo na selva do Tonko Limba, a zona máis subdesenvolvida de Serra Leona. O proxecto titulado “Educación como motor del desarrollo” engloba os campos dla educación, agricultura e a sanidade. (Para ver o cartel da actividade cos detalles dos grupos participantes e horario previsto fai clic aquí).


Para ver as fotos na galería flickr do centro sobre a conferencia fai clic aquí.


 


Algúns enderezos:


 http://elpais.com/autor/chema_caballero/a/
http://www.revistafusion.com/2005/febrero/entrev137-2.htm


 


Foto de Chema Caballero no salón de actos do IES de SAR


 Premer na imaxe para agrandala.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer