CERTAME CICERONIANO:
O alumno do IES de Sar de 2º Bach D, Miguel Giadás Quintela gañou a fase galega do “Certame Ciceroniano”, consistente na tradución e comentario de textos de Cicerón. Brais Prieto Moure, de 2º Bach D, tamén do IES de Sar, quedou segundo. A proba celebrouse o 23 de febreiro na facultade de Filoloxía da USC
CONCURSO NACIONAL DE LINGUA E CULTURA GREGAS:
Miguel Giadás Quintela, alumno de 2º Bach D do IES de Sar, ven de gañar a fase galega do “Concurso nacional de lingua e cultura gregas” que tivo lugar o pasado 20 de abril.
A Sociedade Española de Estudos clásicos convoca ambos certames. É a primeira vez que o mesmo alumno gaña os dous premios.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer