Hoxe volveu Esperanza Mariño pola que foi a súa casa como catedrática de Lingua galega e literatura ata o curso pasado.
Cunha palestra para o seu alumnado de 3° da ESO sobre Luísa Villalta, ilustrou con moito detalle a vida e a obra desta poeta fundamental da poesía galega contemporánea, á que neste ano a Real Academia Galega lle dedica o Día das Letras Galegas.