As vangardas estimularon a creatividade, a liberdade artística, a irreverencia ás veces. Hoxe os estudantes de literatura de 4° da ESO prepararon esta pequena mostra dos seus traballos na aula. Como teñen lido a Borges, a Lorca, a Gómez de la Serna e a Huidobro, son capaces de craer artefactos literarios como os que poden verse na foto. E por riba, na montaxe da exposición aínda botaron unhas boas risas. Que a literatura tamén dá para iso.
Parabéns polos vosos traballos!