portada30

Presentacións Quérote +

Presentacións Quérote +

Preséntase como un recurso de utilidade para o equipo docente encargado de poñer en
marcha o Plan Proxecta, que ten como finalidade asesorar e facilitar o aprendizaxe da
sexualidade por parte da xuventude. Pretendese que aprendan a coñecerse, a aceptarse e a
vivir a súa sexualidade de forma positiva e satisfactoria, e contribuír, de este xeito, o seu
pleno desenvolvemento persoal e social.
Dentro do Plan Proxecta, quixemos traballar o tema de "A relación dos sexos a través da
tecnoloxía" a través de unha presentación realizada en Impress, encadrada dentro da
programación de educación dixital do alumnado de 3º da ESO.
Esta tarefa ten os seguintes obxectivos:
• Potenciar a actitude crítica e reflexiva na toma de decisións.
• Posibilitar un uso da tecnoloxía dun xeito responsable e positivo.
• Reflexionar sobre o uso da tecnoloxía nas relacións persoais.
Primeiro informámonos un pouco do tema, "A relación dos sexos a través da
tecnoloxía". Comezamos co debate de varias preguntas a través dun círculo de diálogo.
As preguntas foron as seguíntes:
•Se envío un whatsapp a alguén que está en liña e non me contesta, sinto frustración
e ás veces mesmo enfado?
•Se estás en parella, o normal é coñecer o código de acceso do seu teléfono xa que non
hai nada que ocultar?
• Polas redes sociais digo cousas que non diría en persoa, tanto boas como malas?
• Cando remata unha relación de parella, as fotos que formaron parte da intimidade da
parella, poden pasarse a xente allea á relación?
•Despois de ter varias citas cunha persoa e esta desaparece, deixa de escribirche e
mesmo te bloquea, é o normal, quere dicir que xa non ten interese?
• A pornografía ofrece unha visión distorcida da sexualidade’
• A diversidade corporal é unha realidade, así que é natural que nas redes se amosen
corpos diversos.?
Logo de traballar estas cuestións e visualizar algúns dos vídeos recomendado polo plan
como pantallas amigas , pediuselles que realizaran unha presentación en IMPRESS para
que puideran amosar axs compañeiros, algunha das cuestións traballadas. Os temas nos
que mais preocupación amosaron son a pornografía ou o sexting en adolescentes.
Eliximos tres de estas presentacións:
 
 

Enlace presentación 1
Enlace presentación 2
Enlace presentación 3

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer