portada30

O xoves pasado, como aperitivo dos actos centrais do 30 ANIVERSARIO, recibimos á gran Paula Carballeira.

O xoves pasado, como aperitivo dos actos centrais do 30 ANIVERSARIO, recibimos á gran Paula Carballeira. Un privilexio escoitala, narrando as súas historias orais de medo, Divertida, inxeniosa, irónica.
Premio Nacional de Literatura Dramática 2023, a súa traxectoria está sementada de máis de 30 libros, centos de bolos por todo o mundo, ducias de papeis de teatro e televisión, obras de poesía e novelas que a fan unha das mulleres máis talentosas do panorama cultural de hoxe en día e unha das escritoras máis relevantes do teatro galego contemporáneo.
Pouco máis que dicir. Vamos, que fomos moi afortunados de poder tela entre nós.
Un dos pratos principais da nosa festa de aniversario.
Grazas, Paula, por facernos un oco para estar cos nosos pequenos.
 
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer