portada30

Laura Esteban presenta o seu premiado curto "As fillas do Mar"

O pasado xoves 22 de setembro contamos no noso centro coa presencia da exalumna Laura Esteban, que vén de realizar un máster de realización de documentais en Londres.

Laura estudou no noso centro fai uns anos. O seu percorrido persoal levouna a estudar Imaxe e Son e a ampliar os seus estudos na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona.

O seu traballo de fin de máste, As fillas do mar, é unha obra que vén de facer un percorrido por moitos festivais, acadando o premio de Best short Documentary no Toronto Women Film Festival e o de Best Director no First Women Film Festival. Tamén foi finalista finalista, obtendo  mencións en moitos outros certames, coma  o Madrid Indie Film Festival, o Paris Women Féstival ou o Stockholm Short Festival, entre outros.

Laura ofreceu un visionado da súa creación ao alumnado de 1º de Bacharelato de Artes que cursan a materia de Cultura Audiovisual e despois realizou un coloquio cos asistentes. Neste debate falouse da situación da muller galega en traballos que adoitaban facer os homes, a situación actual das novas xeracións e a importancia de que as cineastas amosen e falen daquilo que coñecen ben e que lles é moi próximo.

Ademais Laura aproveitou para facer un pequeno resumo do proceso de creación dun documental audiovisual, dende a idea, a preproducción, a producción, a edición e a distribución.

Tamén compartiu co alumnado unha pequena clase sobre narrativa audiovisual e sobre os encadres e planos das imaxes na súa obra e dos medios técnicos empregados.

Foi unha hora e media que pasou voando, mesmo quedou escasa, xa que moitas preguntas quedaron no tinteiro. Agardamos tela de novo con nós noutra ocasión, e invitamos ás persoas interesadas a que, cando o faga público, dediquen 20 minutos do seu tempo a disfrutar co seu documental, que tanto nos toca a fibra ás galegas e aos galegos.

Trailer: https://www.youtube.com/watch?v=mYzX7Y56vfI

charlaLaura

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer