Días despois da realización das actividades previstas, temos como resultado unha exitosa colaboración entre os dous institutos de educación implicados, o IES de Sar e o IES de Pontepedriña, nas que destacan:
- A demostración e coloquio sobre a vida e legado legal de Galileo por alumnado e profesorado (os profesores Cachafeiro e Salvador) do IES de Pontepedriña no salón de actos do IES de Sar.
- A charla e coloquio sobre o CERN, o acelerador de partículas de Xenebra, coordinada polo profesor Ramón Cid do IES de Sar no IES de Pontepedriña.
- A análise da potabilidade da auga das fontes do barrio de Sar no laboratorio de Bioloxía do IES de Sar por alumnado e profesorado do IES de Pontepedriña e baixo a coordinación dos profesores Esther Romero e Pablo Gómez do IES de Sar.
Fai click aquí para ver algunhas fotos das actividades realizadas
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer