Skip to Content

Francisco fernández del Riego

Día das Letras Galegas: Francisco Fernández del Riego

 

Francisco Fernández del Riego (1913-2010) foi o principal dinamizador do galeguismo cultural tras o abrupto corte que supuxeron a Guerra Civil e a posguerra. Ademais de poñer en marcha todo tipo de proxectos encamiñados a recuperar a presenza do galego como lingua de cultura nunha sorte de «segundo Rexurdimento», durante gran parte da súa longa vida foi o alicerce ao redor do que se artellou o traballo conxunto entre os intelectuais do exilio, os que permaneceron no país tras a contenda e as novas xeracións de galeguistas que van xurdindo malia o difícil contexto da ditadura franquista. Entre as súas iniciativas salienta a de crear en 1963 o Día das Letras Galegas, unha data en que conmemorar e celebrar a lingua, a literatura e a cultura de noso. Sesenta anos despois o propio don Paco é a figura homenaxeada nesta efeméride (Héctor Cajaraville).

Para achegarte  ao  autor homenaxeado a continuación hai unha serie de recursos e ligazóns:

O Seminario Galán ten moitos recursos e actividades. Entre eles un vídeo sobre a vida e a obra do autor feito polo colexio Pío X de Ourense.

 A Primavera das Letras para que coñezades un chisco máis o autor do Día das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego, a escritora Eva Mejuto e a ilustradora Lucía Cobo propóñenvos unha obra de teatro protagonizada polos obxectos que acompañaron o noso homenaxeado en distintas etapas da vida. Animámosvos a lela e a representala na aula, se vos presta. Vaivos tocar berrar, cantar, bailar...Que mellor maneira de celebrar?

As cousas de don Paco

Tamén hai xogos sobre a figura do autor homenaxeado:

O IES San Paio fixo unha presentación sobre o autor onde se recollan algunhas das súas reflexións sobre a nosa lingua.

Tamén temos unha antoloxía de textos elaborada polo Seminario Galán.

O escritor Héctor Cajaraville, autor dun libro sobre a figura elixida para ser homenaxeada neste ano no Día das Letras Galegas, fixo un vídeo  sobre a vida e obra do escritor.

 

Concurso de creación de Marcapáxinas Letras Galegas 2023 – Francisco Fernández del Riego

O EDLG do IES David Buján  convoca un concurso de elaboración de marcapáxinas relacionados co autor homenaxeado no ano 2023 polo Día das Letras Galegas (17 de maio).

 BASES

1. Poderá participar  calquera membro da comunidade educativa do IES David Buján..

2. O marcapáxinas debe recoller algunha imaxe relacionada co autor ou a súa obra e tamén algún texto alusivo, fragmento, frase curta etc, sobre a súa obra en galego.

3. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos. O prazo de admisión rematará o 12 de maio ás 23:59 horas e o xurado dará a coñecer a súa decisión na semana das “Letras Galegas”.

4. Admitirase un traballo como máximo por cada participante.

5. Cada marcador deberá ter dúas caras, medidas de 18×5 cm, formato PNG e resolución 300dpi.

6. Os traballos enviaranse ao enderezo edlg@iesdavidbujan.gal xunto cos datos persoais da persoa participante

7. O IES David Buján realizará unha exposición con todos os marcadores presentados a concurso.

8. Haberá  gorentosos premios para todos os particpantes. O premio para o gañador é unha camiseta do Reizentolo

9. A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases.

Exemplos de marcapáxinas de Francisco Fernández del Riego

Distribuir contido


by Dr. Radut