O IES DAVID BUJÁN súmase a esta festa que, cada 26 de setembro, nos lembra a importancia e mais a necesidade de preservar e fomentar a rica diversidade cultural e lingüística, así como de incrementar o grao de entendemento intercultural e lingüístico a través do impulso da aprendizaxe de linguas.
Para celebrar esta data a semana que vén prográmanse dous concursos no centro:
1. CONCURSO : CANTAS LINGUAS COÑECES?
Antes de iniciar o concurso debes indicar nome, apelidos, curso e grupo. Para poder identificarte no caso de premio. Podes facer todas as partidas que queiras. O que ten máis importancia son os acertos e despois o tempo, como xa sabes.
Xa podes comezar, tes que pór a teu nome,... e premer en começar. Xa verás cantas linguas coñeces! Sorte!!
Concurso "Cantas Linguas coñeces?"
2. ADOPTA UNHA PALABRA. Escolle unha palabra que esperte en ti un sentimento e investiga como se di nas diversas linguas europeas. Despois fai unha nube de palabras. Toda a información aquí
PARTICIPA!!
GORENTOSOS PREMIOS!!