Skip to Content

Chíos de amor

"Chíos de amor"

O obxectivo principal do concurso, convocado polo EDLG e o departamento de Lingua Galega , é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.

Foron bastantes e variadas as declaracións presentadas a concurso. Aquí tedes as premiadas e os premiados. Grazas a todos por participar. Coma sempre o premio serán unhas gorentosas rosquiñas de Aurora

2 DE FEBREIRO. Día da Candeloria

 

A da Candeloria (a festa das candeas) ten unha orixe pagá que se remonta a tempos anteriores á romanización. 
Na cultura popular galega a da Candeloria é "a festa da luz", xa que comezan a medrar os días e a facerse máis pequenas as noites, xa falta pouco para  primavera (coincide na metade do inverno, no intre xusto entre os solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera), ... Tamén é o momento que volven os paxariños que migraron (e retornan ás súas terras os que aquí pasaron o inverno)  e  se emparellan para facer xuntos o niño. Consulta o blogue de EDLG para saber máis cousas sobre esta festa tradicional.
 
Dende o EDLG queremos promover dúas accións:
 
1. OBRADOIRO DE ORIGAMI
Aprender a facer paxaros de papel cun vídeo, xa que non podemos facer o obradoiro presencial, para decorar o centro, aulas, casa, ...
 
2. O concurso CHÍOS DE AMOR. 
Fai mensaxes curtas e colócaas na exposición que haberá na cortiza de EDLG co teu nome detrás. A declaración de amor pode ser moi amplo  (namorado, namorada, amiga, pais, lingua, ...).  BASES
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut