Skip to Content

Dinamización

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

 

O pasado venres 23 de febrerio, día de lembranza do nacemento de Rosalía de Castro en 1837, realizamos no centro varias actividades para recordar a escritora iniciadora do Rexurdimento.

 

RECITAL DE POESÍA

O alumnado de Proxecto Competencial (2º ESO) encargouse de facer un recitado poético da obra de Rosalía.

 

TAREFA CREATIVA


Mentres que os alumnos e alumnas escoitaban de fondo a versión musicada de Guadi Galego do poema "Tecín soia a miña tea", foron tecendo os versos de dito poema e saíron auténticas creacións:

 

TALLER DE POSTAIS

Os rapaces e rapazas escolleron un poema de Rosalía e, acompañado dunha ilustración, escribírino nunha postal que logo enviaron por correo a quen eles quixeron. Aquí tedes algún exemplo:

 

 

 

Lingua de namorar 2022

Lingua de namorar 2022

 

Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.

O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.

Para participar no concurso nas categorías A (de 14 a 19 anos) e B (de 20 a 35 anos), só cómpre cubrir e enviar este formulario. As mensaxes que participen nestas dúas modalidades publicaranse nesta mesma páxina do concurso: http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar

Para participar na nova categoría C (exclusiva para Instagram), cómpre ser seguidor/a de @xuventudegalicia e de @linguagalega.

As mensaxes publicaranse directamente na imaxe habilitada para o concurso #LinguaDeNamorar no perfil @xuventudegalicia. No texto indicarase en primeiro lugar un cancelo que recolla o título e despois a mensaxe. Ao final da publicación, engadiranse os seguintes cancelos e etiquetaxes: #LinguaDeNamorar #NamorarEnPandemia @linguagalega. Etiquetaranse tamén dúas amizades de IG.

Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres no caso das categorías A e B, e 200 caracteres na categoría C (de IG), incluídos os espazos en branco.

Características das mensaxes

Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres no caso das categorías A e B, e 200 caracteres na categoría C (de Instagram), incluídos os espazos en branco.

 

Samaín

 

O  Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración coa Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega, convoca o III CONCURSO DE CONXUROS para festexar o Samaín.
Enténdese por conxuros ou esconxuro   todo tipo de invocación, máis ou menos rimada, aos poderes de toda índole: físicos, espirituais, morais, atmósféricos, sobrenaturais,…  A finalidade deste concurso é  recadar conxuros para  que desapareza   todo o negativo que hai no mundo.
Aquí podes consultar algún exemplo

 

           BASES

Rilla rilla na lingua

Rilla-rilla é un espectáculo interactivo en forma de concurso que tenta pór de manifesto a variedade dialectal do noso idioma. As ondas e o salitre hannos levar ao lugar das palabras esquecidas. Rilla-rilla é un espectáculo dinámico conducido por Atenea García, a actriz e presentadora deste particular consurso, onde o público pasa a ser protagonista desde o primeiro momento. 

Xoves, 8 de outubro ás 18.00 h, Centro Sociocultural do Graxal

PROTOCOLO COVID-19:

Ac c e s o  a b e r t o  a  p a r t i r  d a s  1 7 . 3 0 h

Af o r o  l imi t a d o  p o r  o r d e  d e  c h e g a d a

I n f o : 6 4 9 8 9 1 2 1 2

Distribuir contido


by Dr. Radut