Skip to Content

Letras galegas

Concurso de marcapáxinas Florencio Delgado Gurriarán LG22

 

O EDLG  para homenaxear e festexar o día das Letras Galegas 2022, dedicado a Florencio Manuel Delgado Gurriarán convova un concurso de marcapáxinas no que pode participar todo o alumnado do IES David Buján.

O marcador debe recoller algunha imaxe relacionada co autor e un texto (poema, fragmento, frase curta,..) pertencente a algunha das súas obras. Débese indicar o texto ao cal pertence o fragmento.

BASES

1. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos. O prazo de admisión rematará o 16 de maio ás 23:59 horas e o xurado dará a coñecer a súa decisión na semana das “Letras Galegas”.

2. Admitirase un traballo como máximo por cada participante.

3. Cada marcador deberá ter dúas caras, medidas de 18×5 cm, formato PNG.

4. Os traballos enviaranse ao enderezo edlg@iesdavidbujan.gal xunto cos datos persoais da persoa participante

5. O EDLG realizará unha exposición con todos os marcadores presentados a concurso.

6. Haberá gorentosos premios do bar de Aurora e puntos do EDLG

7. A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases.

 FALLO DO XURADO NO ADXUNTO

Letras Galegas 2022

No ano 2022 a cultura galega celebrará a vida e obra do poeta de Córgomo como autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. 

Aquí tes un xogo co que poderás gañar puntos sobre o Día das Letras Galegas e o autor homenaxeado. Contabilízanse os puntos conseguidos ata o día 1 de maio ( 20:00 h.). 

Cada persoa só pode figurar unha vez na taboa clasificatoria. Emprega sempre o mesmo nome (nome, apelido e curso) e a aplicación veite colocando na mellor posición que che corresponda. 

PARTICIPA E GAÑA PUNTOS E GORENTOSOS PREMIOS DO BAR DA AURORA

  

Letras Galegas 2020

"Ricardo carballo Calero (Ferrol, 1910- Santigo de Compostela, 1990) é o autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano. A súa elección responde  ao enorme e variado legado que nos deixou non só no plano literario, senón tamén nos ámbitos da filoloxía  e da lingüística.

Calero cultivou todos os xéneros literarios (é autor de obras narrativas, poéticas, teatrais, de ensaio, ...), pero a súa figura vai moito máis alá " ( Héctor Cajaraville  en  Ricardo Carballo Calero. A pegada do compromiso)

Para coñecer a súa biografía podes consultar a páxina da Real Academia Galega

Día das Letras Galegas 2019. Antonio Fraguas

O persoeiro ao que se dedica este ano o Día das letras Galegas é o polifacético Antonio Fraguas Fraguas.

Antonio Fraguas é un referente da conxugación do saber tradicional enciclopédico á hora de abordar o estudo da cultura galega, da posta en valor da tradición, do respecto pola orixe e da ansia por coñecer, conservar e seguir creando unha cultura propia.

Esta páxina, que difunde unha serie de recursos propios e alleos, quere axudar ao coñecemnto do seu pensamento, afondar nas súas obras e animar ao noso alumnado a seguir os seus pasos, polo ben da nosa lingua e cultura.

RECURSOS:

- O portal da lingua

- Exposición Antonio Fraguas. IES Álvaro Cunqueiro. Vigo

- Guía didáctica da exposición do IES Álvaro Cunqueiro. Vigo

- Unidade Didáctica Antonio Fraguas Fraguas do Museo do Pobo Galego

- Vídeo Historias da vida. Antón Fraguas. Consello da Cultura Galega

- Vídeo da exposición

Palabras con memoria

 

Este ano  o centro impulsa esta actividade, que conta cunha certa tradición no centro, no mes de maio para celebrar o Día das Letras Galegas, tendo en conta o perfil do homenaxeado.

Visita o andar superior, ao lado da biblioteca,  e participa na actividade.

INFORMACIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut