O día 11 e 16 deste mes o alumnado de 4º da ESO e 1º de BACH (antropoloxía) visitarán o Museo do Pobo Galego e o Panteón dos Galegos Ilustres, para visitar o museo, moi emparentado coa figura de Antón Fraguas, ao que se lle dedica no 2019 o Día das Letras Galegas, e a Exposición Alba de Gloria.
O 25 de xullo de 1948 Castelao pronunciou o seu histórico discurso Alba de Groria no marco do festival do Centro Gallego de Bos Aires, celebrado no Teatro Argentino da cidade. Foi, ademais, o seu derradeiro discurso e polo seu contido e significación histórica converteuse nun dos fitos simbólicos para o nacionalismo e o soberanismo galegos. Este 2018 que acabou celebrouse o 70 aniversario daquela data. Por tal motivo o Consello da Cultura Galega impulsou unha inaugurar unha exposición, titulada igualmente Alba de Gloria, que analiza e recrea o contido do discurso, o seu contexto histórico e a súa influencia posterior.
O obxectivo, destaca o Consello da Cultura Galega é "plasmar, dun xeito inédito en Galicia e empregando tecnoloxía innovadora" a alocución de Castelao, que "encerra en si mesmo dous grandes valores: por unha banda, ser unha peza clave para a oratoria en lingua galega e, por outra, ser tamén unha alocución fundamental na traxectoria de Castelao, na que recrea unha especie de Santa Compaña galega ao enumerar as figuras relevantes que axudaron a configurar a cultura galega", sinala.
"Si no abrante d-este día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicions, asistiríamos á maravilla d-unha mañán única". Así comezaba o histórico discurso,aínda que os dous primeiros parágrafos do discurso xa foran escritos un ano antes e forman parte do primeiro capítulo do libro IV de Sempre en Galiza.
Para máis información, preme