Skip to Content

teatro

Visita a Santiago alumnado 1ºBAC de Ciencias

O pasado martes 25 de outubro o alumnado de ciencias de 1º de bacharelato visitou Santiago de Compostela para asistir á obra de teatro "Proyecto Meitner: recordando a Lise Meitner" na que se recupera a historia desta científica que foi inxustamente excluída do premio Nobel en 1944 polo descubrimento da fisión nuclear.

Despois desta emocionante obra na que aprendemos sobre ciencia e historia, visitamos o CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares), un dos centros punteiros en investigación de Galicia. Alí, fomos recibidos polo seu director científico, José Luis Mascareñas que nos explicou as principais liñas de investigación que se desenvolven alí. A continuación, fixemos unha breve visita aos laboratorios e ás unidades de espectroscopía onde puidemos ver os procesos básicos necesarios para o desenvolvemento de novas moléculas con aplicacións en Química, Medicina, e deseño de novos materiais.

Esta actividade foi subvencionada polo concello de Cambre.

 

 

Día Mundial do teatro

 

O Día Mundial do Teatro celébrase anualmente o 27 de marzo.

O teatro é unha arte milenaria e funciona como un medio de divulgación da cultura dos distintos pobos. Desde a antiguidade, o home usou o teatro como forma de expresión.

Para celebrar este día e para colaborar na difusión do espectáculo teatral subimos esta obra feita con teatro de sombras. Un gran traballo, Lucas.

 

Rilla rilla na lingua

Rilla-rilla é un espectáculo interactivo en forma de concurso que tenta pór de manifesto a variedade dialectal do noso idioma. As ondas e o salitre hannos levar ao lugar das palabras esquecidas. Rilla-rilla é un espectáculo dinámico conducido por Atenea García, a actriz e presentadora deste particular consurso, onde o público pasa a ser protagonista desde o primeiro momento. 

Xoves, 8 de outubro ás 18.00 h, Centro Sociocultural do Graxal

PROTOCOLO COVID-19:

Ac c e s o  a b e r t o  a  p a r t i r  d a s  1 7 . 3 0 h

Af o r o  l imi t a d o  p o r  o r d e  d e  c h e g a d a

I n f o : 6 4 9 8 9 1 2 1 2

Distribuir contido


by Dr. Radut