Skip to Content

concurso

Letras Galegas 2022

No ano 2022 a cultura galega celebrará a vida e obra do poeta de Córgomo como autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. 

Aquí tes un xogo co que poderás gañar puntos sobre o Día das Letras Galegas e o autor homenaxeado. Contabilízanse os puntos conseguidos ata o día 1 de maio ( 20:00 h.). 

Cada persoa só pode figurar unha vez na taboa clasificatoria. Emprega sempre o mesmo nome (nome, apelido e curso) e a aplicación veite colocando na mellor posición que che corresponda. 

PARTICIPA E GAÑA PUNTOS E GORENTOSOS PREMIOS DO BAR DA AURORA

  

Sabedoría popular: refráns

 

E así, coma quen non quere a cousa, chegou abril e xa está a rematar. Parece que, segundo nos indican os refráns, adoita ser un mes de choiva, o das augas mil, pero iso nunca se sabe…

 A sabedoría popular fálanos de abril, dos campos, do tempo… No seguinte xogo recollemos unha mostra deses ditos aplicados a este mes.

Xoga e gaña puntos, cos que podes ir á marabillosa excursión do EDLG, e peperetes do bar de Aurora. Proximamente damos máis detalles sobre a Excursión a Santiago. 

Unha axuda: o refrán rima sempre (dun xeito ou doutro). 

 

Despois de xogares,coloca o teu nome e curso (para poder darche os puntos e os agasallos) na clasificación. Pódese abreviar. Cada persoa só poderá estar na clasificación dúas veces.

O concurso remata (aínda que o xogo continúa) o 1 de maio

XOGA E GAÑA PUNTOS

21 Marzo. Día da Poesía

A UNESCO adoptou por primeira vez o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía durante a súa 30ª Conferencia Xeral en París en 1999, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilización daquelas linguas que se atopan en perigo.

O Día Mundial da Poesía é unha ocasión para honrar os poetas, revivir tradicións orais de recitais de poesía, promover a lectura, a escritura e o ensino da poesía, fomentar a converxencia entre a poesía e outras artes como o teatro, a danza, a música e a pintura, e aumentar a visibilidade de poesía nos medios. A medida que a poesía continúa unindo persoas en todos os continentes, todos están convidados a unirse.

Nós imos celebrar esta data achegándonos á poesía galega a través deste concurso.  Lembra que para gañar premios tes que entrar na táboa clasificatoria.

Investiga e xoga !!

Lingua de namorar 2022

Lingua de namorar 2022

 

Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.

O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.

Para participar no concurso nas categorías A (de 14 a 19 anos) e B (de 20 a 35 anos), só cómpre cubrir e enviar este formulario. As mensaxes que participen nestas dúas modalidades publicaranse nesta mesma páxina do concurso: http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar

Para participar na nova categoría C (exclusiva para Instagram), cómpre ser seguidor/a de @xuventudegalicia e de @linguagalega.

As mensaxes publicaranse directamente na imaxe habilitada para o concurso #LinguaDeNamorar no perfil @xuventudegalicia. No texto indicarase en primeiro lugar un cancelo que recolla o título e despois a mensaxe. Ao final da publicación, engadiranse os seguintes cancelos e etiquetaxes: #LinguaDeNamorar #NamorarEnPandemia @linguagalega. Etiquetaranse tamén dúas amizades de IG.

Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres no caso das categorías A e B, e 200 caracteres na categoría C (de IG), incluídos os espazos en branco.

Características das mensaxes

Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres no caso das categorías A e B, e 200 caracteres na categoría C (de Instagram), incluídos os espazos en branco.

 

Día europeo das linguas

Por iniciativa do Consello de Europa, desde o ano 2001 celébrase o Día Europeo das Linguas para poñer en valor a diversidade lingüística da UE e para promover a aprendizaxe de idiomas entre a cidadanía do Vello Continente.

No mundo existen 6 mil linguas, máis ou menos. Algunhas teñen millóns de falantes e outras só ducias, pero todas elas representan un universo cultural diferente, e enriquecen a quen  as coñecen e as empregan como vehículo de comunicación.

O EDLG súmase a esta festa que, cada 26 de setembro, nos lembra a importancia e máis a necesidade de preservar  e fomentar a  diversidade cultural  e impulsar o uso da nosa lingua  para que se manteña viva por moito tempo.

Para festexar esta data convocamos un CONCURSO  (Cantas linguas coñeces? ) .

1.Consulta o cortiza do EDLG  ou neste enlace e  toma nota das linguas que identificas.

2. Despois entra neste formulario https://forms.gle/FJy6t97nXCjmQuQ96 e contesta todas as preguntas que saibas.

Gorentosos premios da cafetaría e puntos do EDLG para os gañadores

Ata o día 3 de outubro está o cuestionario aberto.

PARTICIPA!!

 

Concurso de videopoemas- Xela Arias

Para celebrar o Día das Letras Galegas o EDLG, O Departamento de LG e a Biblioteca convocan un Concurso de videopoemas realizados  a partir  da obra  de XELA ARIAS

Anímate. Haberá gorentosos premios e puntos do EDLG

2 DE FEBREIRO. Día da Candeloria

 

A da Candeloria (a festa das candeas) ten unha orixe pagá que se remonta a tempos anteriores á romanización. 
Na cultura popular galega a da Candeloria é "a festa da luz", xa que comezan a medrar os días e a facerse máis pequenas as noites, xa falta pouco para  primavera (coincide na metade do inverno, no intre xusto entre os solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera), ... Tamén é o momento que volven os paxariños que migraron (e retornan ás súas terras os que aquí pasaron o inverno)  e  se emparellan para facer xuntos o niño. Consulta o blogue de EDLG para saber máis cousas sobre esta festa tradicional.
 
Dende o EDLG queremos promover dúas accións:
 
1. OBRADOIRO DE ORIGAMI
Aprender a facer paxaros de papel cun vídeo, xa que non podemos facer o obradoiro presencial, para decorar o centro, aulas, casa, ...
 
2. O concurso CHÍOS DE AMOR. 
Fai mensaxes curtas e colócaas na exposición que haberá na cortiza de EDLG co teu nome detrás. A declaración de amor pode ser moi amplo  (namorado, namorada, amiga, pais, lingua, ...).  BASES
 
 

Concursos Samaín 2020

O EDLG para celebrar o Samaín, festa celta que marcaba o remate da colleita e a chegada do inverno, ou metade escura do ano, convoca tres concursos:

  • Concurso de conxuros
  • Concurso de contos
  • Concurso de talla de cabazas (enviar só a fotografía)

Aquí están as bases dos tres concursos. 

Tamén están colgadas na cortiza do EDLG

Distribuir contido


by Dr. Radut