Skip to Content

Visita de Valentim Fagim

O pasado xoves 16 de abril visitou o noso instituto Valentim Fagim, licenciado en Filoloxía Galego-portuguesa, diplomado en Historia e actualmente vicepresidente da Assocciaçom Galega da Língua e profesor de portugués na EOI de Ferrol.

Nesta actividade de sociolinguística, na que estivemos presentes todo o alumnado de primeiro de bacharelato, Valentim informounos de que o galego e o portugués non son linguas diferentes como moita xente pensa, e que grazas a coñecer o noso idioma, o galego, podemos comunicarnos con outros países lusófonos como Portugal, Brasil, Angola, cousa que non moita xente pode facer.

Reflexionamos sobre as numerosas vantaxes que ten aprender novos idiomas como poder comunicarnos con xente doutros países, ter maior facilidade para atopar postos de traballo e seranos moito máis doado aprender novas linguas.

Temos que agradecerlle a Valentim esta visita ao noso instituto pois, alén de achegarnos información sobre o noso idioma, pasamos un momento moi agradábel e divertido.

María Varela Bemúdez, alumna de 1º BAC



page | by Dr. Radut