TALLER DE OLARÍA
Este luns o alumnado de 2º da ESO acabaron a súa actividade de olaría. O taller foi impartido Por Ana Torreiro, unha oleira do concello, que xa é o segundo ano que nos vén visitar. Moitas grazas.
Este ano o alumnado decidiu facer un mural sobre o teatro, xa que no 2013 o Día das Letras Galegas está dedicado a Roberto Vidal Bolaño, figura moi representativa do teatro.
Ana ensinoulles aos alumnos a traballar con barro, no torno e facendo figuras, traballar o volume, ... O entusiasmo apoderouse de case todos os alumnos. As dúas sesións que lles dedicaron sóubolles a pouco. O torno tivo moito éxito, aínda que viron que require certa maña. Todos foron facendo as súa figuras que terán acomodo no mural. Agora é tempo de deixar secar ben o barro. Despois virá o tempo de cocelo e de pintalo. Despois colocarémolo nalgún lugar do centro para que todos poidan apreciar a bo facer deste grupo de alumnos/as.
MOITAS GRAZAS RAPACES POLO VOSO ENTUSIASMO
- APIs de Blogue
- Calendario