Inicio de curso 2024/25
A actividade lectiva comezará o mércores 11 de setembro no seu horario habitual de 8:30 a 14:10 horas.
- O alumnado de 1º ESO será recibido pola coordinadora de benestar (Helen) e a vicedirectora (Marisa) na porta de entrada e será conducido ao salón de actos para a acollida por parte do equipo directivo, a orientadora e os titores respectivos. A continuación os titores e titoras conduciranos ás súas aulas para faceren a entrega do horario e falar das normas do centro. A partir das 10:30 horas continuarán co seu horario normal.
- O alumnado de 2º ESO e 3º ESO dirixirase ás súas aulas na planta baixa a partir das 8:25 horas, onde será recibido polos seus titores e titoras. A partir das 9: 20 horas desenvolveran o horario normal.
- O alumnado de 4º ESO e Bacharelato dirixirase ás súas aulas no primeiro andar a partir das 8:25 horas, onde será recibido polos seus titores e titoras. A partir das 9: 20 horas desenvolveran o horario normal.
Os grupos serán publicados en ABALAR MÓBIL ao longo da tarde do martes.
TRANSPORTE
- Haberá servizo de transporte no horario habitual.
- Todo o alumnado da ESO ten concedido o servizo de transporte, polo que pode acudir á súa parada solicitada.
- O alumnado de uso excepcional (BACH) pode consultar a concesión de praza na listaxe publicada no taboleiro do centro. Non está permitido fotografala nin consultala telefonicamente (lei de protección de datos)
MOI IMPORTANTE
Debido ás obras de mellora do centro haberá que ter especial precaución tanto nas entradas como nas saídas, así como nos tempos de lecer do mércores e do xoves.
Todo o alumnado accederá pola escaleira metálica que sobe do aparcadoiro (sexa alumnado transportado ou non) e poderá permanecer na zona lateral esquerda do centro (a máis próxima ao pavillón) ou na zona das mesas de tenis de mesa ata o son do primeiro timbre, cando poderá dirixirse aos corredores. O alumnado de 1º ESO concentrarase na porta principal ata que soe dito timbre.