Alumnado de Portugués participa na lectura continuada d'A república dos sonhos
O alumnado de Portugués de 2º de BAC participou na lectura continuada da novela A república dos sonhos, da escritora brasileira Nélida Piñón (1937-2022), que era filla de emigrantes galegos e chegou a ser presidenta da Academia Brasileira de Letras. Nesta obra, a autora reflectiu a epopea dos emigrantes galegos chegados ao Brasil a comezos do século XX.
Os pasados días 3 e 4 de maio, a Associaçom Galega da Língua (AGAL) e a Academia Brasileira de Letras organizaron unha lectura continuada desta obra, que se realizou consecutivamente en ambas as beiras do Atlántico: comezou no Rio de Janeiro e continou en Santiago de Compostela. Unha multitude de persoas sucedéronse na lectura de forma presencial ou mediante vídeos gravados e enviados con anterioridade, tal como se explicaba na web da organización, nelida.gal.
Neste fragmento da gravación do evento pódese ver o noso alumnado de Portugués 2ª Lingua Estranxeira do 2º de bacharelato, lendo as súas pasaxes e participando así dunha iniciativa que atravesou o océano. Nesta lista de reprodución da canle de Youtube da AGAL pódese ver o conxunto de vídeos da lectura.