Skip to Content

Presentación de proxectos Stembach

O día 18 de abril de 2024 tivo lugar o acto de defensa dos proxectos de investigación dunha parte do alumnado do IES David Buján que cursa o Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía.

Iyana Fernández Feito e Pelayo Villar López presentaron o proxecto A desigualdade económica a distintas escalas: do global ao local, que foi dirixido por Manuel A. González Suárez e Estefanía Mourelle Espasandín, profesores do Departamento de Economía da UDC, e contou coa titoría de José Ángel Sánchez García, profesor de Economía do IES David Buján.

Mariña González Seijas, pola súa parte, presentou o proxecto Nuevas opciones terapéuticas para el tratamiento de la artrosis: un modelo in vitro, que foi co-dirixido por Valentina Calamia e Carlos Vaamonde García, profesores do Departamento de Bioloxía da UDC.

Os tribunais cualificadores destacaron en todos os casos a calidade dos traballos e puxeron en valor o esforzo realizado polo noso alumnado. Agradecemos ao profesorado da UDC a súa implicación nestes proxectos.

 



page | by Dr. Radut