ACTIVIDADES PARA CELEBRAR O LIBRO NO MES DE ABRIL
Dende a Biblioteca A3P queremos propoñer a toda a comunidade educativa unha serie de actividades para celebrar como se merece o Mes do Libro durante todo o mes de abril. Todas elas están abertas a toda a comunidade educativa, familias incluídas. Agardamos a vosa colabroración e participación. Hai carteis explicativos en distintos lugares do instituto.
LECTURAS DE POESÍA E TEATRO POLAS AULAS (nalgunha clase do venres 19)
CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "O PRACER DE LER" (manda antes do 30 de abril unha foto artística feita por ti que teña como tema a lectura como algo pracenteiro e divertido ao noso correo biliotecaa3p@iesdavidbujan.gal ou déixaa impresa na biblioteca).
ELABORACIÓN DUN VÍDEO FAMILIAR DUNS 5 MINUTOS AMOSANDO E COMENTANDO A BIBLIOTECA DA VOSA CASA (mándao tamén antes do 30 ao mesmo correo ou compáteo en drive).
REALIZACIÓN NA BIBLIOTECA DOS ENCONTROS "VEÑO FALAR DO MEU LIBRO FAVORITO" (nos recreos da semana entre o 22 e 0 26 de abril).
PRÉSTAMO PARA FACER UNHA EXPOSICIÓN DALGÚN LIBRO ANTIGO QUE TEÑADES NA CASA (editado antes de 1950) OU ENVÍO DUNHA FOTO DA PORTADA.