Skip to Content

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio 2024 - Información completa

 

Poderán presentarse aos ciclos formativos de FP de grao medio as/os que non cumpran os requisitos académicos e teñan 17 anos ou os fagan neste ano.

 

PRAZOS:

O prazo de presentación da solicitude para o grao medio estará abranguido entre os días 26 febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.

 

INSCRICIÓN

As solicitudes deberán realizarse telematicamente, empregando o asistente informático dispoñible na aplicación Ciclosprobas. O asistente facilita o proceso de crear unha solicitude de inscrición nas probas de acceso de grao medio. A aplicación xera unha instancia para imprimir que se deberá presentar nun centro de inscrición (vai ao centro con FP mais próximo ao teu domicilio) xunto coa documentación que se indique na propia instancia. Mentres que non se efectúe este trámite, non quedará feita a matrícula.

 

DOCUMENTACIÓN

DNI ou pasaporte

Acreditacións, dictames ou xustificación documental de que presentas ou te inclúes nalgún tipo de diversidade, para solicitar unha adaptación da proba, se é o caso.

Acreditación de solicitar exención dalgunha parte da proba, se é o caso.

 

MODELOS DE EXAMES:

Para superar estes exames terás que estudar moito. Se queres consultar as probas que se fixeron en convocatorias anteriores, entra no portal de FP da Xunta de Galicia, na sección dedicada ás convocatorias anteriores. Por exemplo, nesta páxina podes descargar as probas de 2023, no apartado "Acceso aos exames e respostas da convocatoria".

 

ESTRUTURA DO EXAME:

Grao Medio:

Parte sociolingüística: lingua castelá, lingua galega e ciencias sociais

Parte matemática: de matemáticas

Parte científico-técnica: ciencias da natureza e tecnoloxía

 

CALENDARIO:

As probas terán lugar o 23 de maio de 2024 para o grao medio.

-Presentación: ás 9:00 horas.

-Partes matemática e sociolingüística da proba: das 09:30 ás 13:30 horas (Matemáticas, Lingua galega, Lingua castelá e Ciencias sociais).

-Parte científico-técnica da proba: das 16:00 horas ás 18:00 horas (Ciencias da natureza e Tecnoloxía).

 

LUGAR DE REALIZACIÓN DAS PROBAS:

Estará relacionado con centro onde fixeches a inscrición. Publicarase o 19 de abril na páxina web http://www.edu.xunta.gal/fp.



page | by Dr. Radut