Skip to Content

Taller de análise de datos

O día 21 de decembro tivo lugar a terceira e última sesión do taller de análise de datos para o alumnado que cursa Stembach no IES David Buján. O taller foi impartido por Francisco Javier Bellas Bouza, catedrático da UDC que desenvolve a súa actividade na área da ciencia da computación e intelixencia artificial.

Durante as tres sesións do taller, o noso alumnado recibiu formación en ámbitos tan interesantes como a ciencia de datos, as redes neuronais artificias e a aprendizaxe automática ou machine learnig. O enfoque do taller foi moi práctico, de xeito que o propio alumnado tivo que descargar os datasets de repositorios de datos públicos para posteriormente procesalos co software Knime.

Agradecemos a Fran a súa disposición para adaptarse ao noso calendario e para desprazarse ata o noso centro, así como a súa fenomenal capacidade para transmitir coñecementos de xeito ameno ao tempo que rigoroso.

Con este taller complétase o total de vinte horas de actividades complementarias de formación que debe realizar o alumnado fóra do horario ordinario de docencia directa.



page | by Dr. Radut