Ciclo de charlas "Os laberintos do cerebro"
O alumnado que cursa o Stembach no IES David Buján asistiu durante o primeiro trimestre do curso a tres charlas do ciclo "Os laberintos do cerebro" que organiza o Muncyt na súa sede da Coruña. Cómpre destacar o extraordinario nivel das persoas poñentes, todas elas cunha grande experiencia en distintos aspectos do cerebro e tamén cunhas dotes marabillosas para a divulgación.
As conferencias ás que asistiu o noso alumnado recóllense nesta lista:
- Cajal e o labirinto do cerebro (Fernando de Castro Soubriet - 28 de setembro).
- O cerebro e o labirinto do olfato (Laura López-Mascaraque - 26 de outubro).
- O cerebro e o labirinto da linguaxe (Xurxo Mariño - 30 de novembro).
Ademais das conferencias do ciclo "Os labirintos do cerebro", o alumnado do Stembach tamén asistiu ás charlas breves que tiveron lugar o 29 de novembro no Muncyt con motivo da Noite Galega das Persoas Investigadoras.
Todas estas actividades forman parte das actividades complementarias de formación que debe realizar o alumnado fóra do horario ordinario de docencia directa.