Skip to Content

Concurso de Fotografía DAG 2024

 

XXI Concurso de Fotografía e Matemáticas

 

 

 

 

21º  CONCURSO  FOTOGRAFÍA   DAG

    Dispara, Achega e Gaña

 

·     Tema:    Decorando con xeometría

 

·      Haberá 3  premios, aínda que o xurado poderá declarar deserto calquera deles.

 

·    A fotografía deberá ser orixinal, en cor ou en branco e negro. A técnica poderá ser convencional ou dixital, sen admitirse retoques dixitais.

 

·      Poderá participar todo o alumnado do I.E.S. David Buján matriculado no curso 2022-2023 e cada concursante poderá presentar como máximo tres fotografías (ata tres envíos na aula virtual). Os restantes membros da comunidade educativa poderán participar na exposición que se fará ao remate do concurso.

 

·      Para participar deberá subirse nun mesmo envío, na aula virtual do instituto, no curso denominado "Concurso de Fotografía" , premendo na opción "Automatriculación" (se non estás rexistrado deberás facelo coa conta "@iesdavidbujan.gal), tres arquivos que conteñan:

o     A fotografía. (En formato .jpg ou .png)

o    Un arquivo .pdf  titulado "Descrición" co título da fotografía, o lugar onde foi realizada e un breve comentario no que seexplique a relación co tema da convocatoria.

o    Un  arquivo .pdf titulado "Datos persoais" cos datos persoais do autor ou autora, o título da fotografía e un imaxe  do DNI.

A ausencia dun destes arquivos no envío suporá a exclusión inmediata do concurso.

 

·      A data límite de entrega será o día 16 de maio de 2024.

 

·      O xurado estará formado por membros dos departamentos de Debuxo e de Matemáticas e o seu fallo será inapelable.

 

·    Os fotografías premiadas deberán entregarse impresas en papel fotográfico e dun tamaño mínimo de 18 cm x 24 cm e cun tamaño máximo de 24 cm x 20 cm no departamento de matemáticas no prazo máximo dunha semana desde a comunicación do premio. O incumprimento deste feito suporá a exclusión inmediata do concurso.

 

·    Os fotografías presentadas poderán ser utilizadas para a súa exposición pública, e as premiadas quedarán en poder do instituto, debendo ser presentados os negativos ou, no caso dixital, unha copia do arquivo.

 

·      A participación no concurso implica a aceptación destas bases.



page | by Dr. Radut