Skip to Content

Olimpíadas Nacionais de Economía

Natalia Gómez Orgeira, alumna de 2º bacharelato-B, gañadora da Olimpíada Galega de Economía, participou na XIV Olimpiada Española de Economía, organizada pola Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Sevilla, entre o 19 e o 21 de xuño de 2023.

Nesta fase final das Olimpíadas Nacionais, Natalia estivo acompañada dos outros dous finalistas de Galicia:

  • Sabela Díaz Fernández, do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.
  • Javier Barros López, do Colexio M. Peleteiro de Santiago.

Se ben ningún dos tres alumnos/as de Galicia resultou premiado na fase final en Sevilla, tanto o alumnado como o profesorado acompañante, valoramos positivamente a experiencia de ter participado no evento.

 



page | by Dr. Radut