Xogos na praia 2023
O pasado mércores, 21 de xuño, último día das clases do curso 2022/2023, o departamento de Educación Física organizou outra vez unha mañá de xogos na praia de Bastiagueiro, onde estudantes de 1º de bacharelato monitorizaron actividades de alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO.