Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar para o curso 23/24
Publícase a Orde do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/2024.
Prazos de solicitude
- Alumnado con reserva de praza no centro: o prazo de solicitude iníciase o día 22 de maio e remata o día 21 de xuño.
- Alumnado de incorporación tardía: o alumnado que deba incorporarse ao centro fóra do prazo ordinario disporá dun mes de prazo para solicitar o Fondolibros contado a partir da formalización da súa matrícula.
- Alumnado que repita 4º de ESO: se non tivese presentado solicitude de participación no fondo solidario no prazo ordinario, tamén poderá presentala no prazo de un mes desde a formalización da matrícula.
Lugares de presentación
- Vía electrónica. As solicitudes presentaranse preferentemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros da Consellería de Educación a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia.
- No propio centro de ensino. Tamén poderán presentarse cubertos no centro de ensino no que estea admitido ou teña reserva de praza en horario de atención de administración (mañás de 09:00 a 13:30 horas).
- Rexistros oficiais. Poderán presentarse as solicitudes en calquera rexistro oficial dos establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Lémbrase que o alumnado de 1º e 2º da ESO non ten dereito ao fondo libros xa que ten EDIXGAL, mais si pode solicitar a axuda para material escolar.
Ligazóns: