Este mes de abril tiveron lugar as avaliacións do alumnado STEMBACH de 2º de Bacharelato. O día 12 expuxeron Xiana Valiño Rodríguez, Óscar Caínzos Rodríguez e Daniel Viñas Barciela o traballo "O papel das solucións baseadas na natureza da mitigación dos asolagamentos e control da contaminación nas cidades". O día 26 foi a quenda de Moraima Núñez Álvarez, Elena Hortas Salas e Icía Moure Cernadas co traballo "Búsqueda de antibióticos en muestras de suelo". Ambos os traballos mereceron unha cualificación de sobresaliente. |