Concurso de Fotografía DAG 2022
ncurso de Fotografía e Matemáticas
XIX Concurso de Fotografía e Matemáticas |
XIII Concur
|
19º CONCURSO FOTOGRAFÍA DAG Dispara, Achega e Gaña
· Tema: “Liñas onduladas”
· Haberá 3 premios, aínda que o xurado poderá declarar deserto calquera deles.
· A fotografía deberá ser orixinal, en cor ou en branco e negro, impresa en papel fotográfico e dun tamaño mínimo de 18 cm x 24 cm e máximo de 24 cm x 30 cm. A técnica poderá ser convencional ou dixital, sen admitirse retoques dixitais.
· Poderá participar todo o alumnado do I.E.S. David Buján matriculado no curso 2021-2022 e cada concursante poderá presentar como máximo tres fotografías. Os restantes membros da comunidade educativa poderán participar na exposición que se fará ao remate do concurso.
· Para participar deberá entregarse, na administración do instituto, un sobre que conteña: o A fotografía. (En papel fotográfico) o Un folio co título da fotografía, o lugar onde foi realizada e un breve comentario no que se explique a relación co tema da convocatoria. o Un pequeno sobre pechado no que, por fóra, figure o título da fotografía, e no interior, os datos persoais do autor ou autora, o título da fotografía e unha fotocopia do DNI.
· A data límite de entrega será o día 19 de abril de 2022
· O xurado estará formado por membros dos departamentos de Debuxo e de Matemáticas e o seu fallo será inapelable.
· Os fotografías presentadas poderán ser utilizadas para a súa exposición pública, e as premiadas quedarán en poder do instituto, debendo ser presentados os negativos ou, no caso dixital, unha copia do arquivo.
· A participación no concurso implica a aceptación destas bases. |