Science Clubs & Citizen Science (SC&CS)
O equipo Bujansat, formado polos alumnos: Xoel García, Jacobo Núñez, Julián Ramos, Diego Rodríguez, Iago Suárez e Hugo Viqueira; e os seus profesores Isabel Parada e Pedro Rodríguez, foron o equipo gañador da fase nacional do certame Cansat da área educativa da ESA (Axencia Espacial Europea), celebrado o 14 e 15 de xullo no Parque das Ciencias en Granada.
O seguinte paso, a final europea. Bujansat representará a España na competición contra outros países da Unión Europea.
O pasado sábado 8 de maio de 2021 tivo lugar o Día da Ciencia na rúa que pasou ao teatro este ano 2021. O noso alumnado participou cun impresionante proxecto "Leds a escena", traxes con luces led programadas con arduino, que brilaron nun baile con moita ciencia. Noraboa polo gran traballo. |
OpenScienceCambre Entrevistas a científicos e divulgadores científicos en Twitch |
O expositor do IES David Buján na feira dixital #Diverciencia "Creando multisondas en la escuela para medir la calidad del agua". Podedes visitar o proxecto en https://divercienciavirtual.com/... |
"Os alumnos de Cambre teñen a súa propia feira" CLICK AQUÍ
O Covid non frea a ciencia, 3ª edición da OpenScience CLICK AQUÍ |