Participación e premio para o noso alumnado na feira científica Ciencia en Acción.
Dez alumnos/as do IES David Buján participaron na feira Ciencia en Acción, celebrada en Alcoi. Foron cos proxectos de "Microplásticos na praia de Santa Cristina" e "Laboratorio de biotecnoloxía low cost". Este último recibiu o primeiro premio da categoría de Ciencia e Tecnoloxía.