Skip to Content

Viaxe a Roma dos alumnos e alumnas de 4º da ESO

Este ano, os alumnos e alumnas de 4º da ESO fomos de viaxe de fin de curso a Roma, dende o 12 ao 16 de xuño. O primeiro que notamos foi a calor que facía cando chegamos pola noite. É unha cidade que mires por onde mires hai esculturas e monumentos da época Barroca, como por exemplo a Fontana di Trevi ou a Fonte dos Catro Ríos. Tamén visiitamos o Vaticano. Alí vimos a Basílica de San Pedro, a Capela Sixtina, tapices e algunhas esculturas romanas tamén moi importantes.

Todas as tardes tiñamos tempo libre para mercar recordos e para dar unha volta. Tivemos oportunidade de cear pola nosa conta e puidemos probar comidas típicas de Italia, como a pizza e a pasta. Os camareiros dos restaurantes eran bastantes simpáticos. Por úlltimo, visitamos o Coloseo e os foros romanos cunha historia moi interesante.

Alán Roibás e Sergio Moar



page | by Dr. Radut