Skip to Content

Visita do alumnado de 3º de ESO a EDAR

 

   

O outro día, sete de novembro, os alumnos de 3º ESO visitamos Edar Bens.

Edar significa estación de depuración de augas residuais. Polo que nesta planta trátanse a augas residuais urbanas, que despois serán devoltas ao mar. En concreto, os concellos de A Coruña, Arteixo, Culleredo, Oleiros e Cambre depuran alí as súas augas a través de seis fases:

- Chegada e pretratamento: eliminación dos sólidos de maior tamaño,  areas e graxas.

- Decantación primaria: eliminación dos sólidos en suspensión.

- Tratamento biolóxico: depuración da auga con microorganismos.

- Decantación secundaria: separación da auga e do fungo.

- Desinfección: a través de raios UV.

 

- Emisario: a auga depurada vértese ao mar.

 

Antía Varela Míguez 3º ESO B



page | by Dr. Radut