Entroido 2017. Crónica
Hoxe, día 24 de febreiro, celebramos o entroido no instituto. Durou dende as 10:30 ata as 14:10. Foi un evento cheo de cores, música e moita ilusión e alegría. Este ano o tema era o cine. Cada clase escolleu unha película e tiñan que caracterizarse dela, incluso o fixo o profesorado. Durante todo o tempo que durou houbo un posto no que se podía mercar comida coma rosquillas, biscoito... Este ano os disfraces foron moi bonitos e había algúns moi traballados. Eu era membro do xurado xunto con máis persoas, así que vin ben todos e cada uns dos bailes. Vou facer un comentario breve sobre o que me pareceron as actuacións:
1º ESO A (Crepúsculo) - A caracterización foi pouco atractiva e non sabían moi ben o baile, pero aínda así saíron e fixeron o que puideron diante de todo o público.
1º ESO B (The Walking Dead) - Uns bos disfraces. Gustoume moito a actuación. En lugar de facer todos os bailaríns os mesmos pasos, dividíronse en dous grupos: zombies e militares. Representaron unha loita entre bandos e, ao final, gañaron os zombies.
1º ESO C (Suicide Squad) - Dentro do grupo había de todo, desde disfraces do Joker moi bos, ata algúns que non se sabía de que ían. O baile foi sinxelo.
2º ESO A (Madagascar) - As caracterizacións foron bonitas e todas fieis ao tema. A obra (digo "obra" e non "baile" porque incluso tivo volteretas e acrobacias) foi moi vistosa e entretida.
2º ESO B (Canta) - Foron de animais, a temática da película. A actuación foi sinxela. Contaban coa canción "Bad Romance", que sae no filme.
2º ESO C (A liga da Xustiza) - As caracterizacións foron boas pero o baile moi sinxelo.
3º ESO A (Zootrópolis) - Algunhas caracterizacións foron boas. Ensaiaron pouco. Pero hai que resaltar o seu valor por saír a actuar nesas condicións.
3º ESO B (Rocky) - Esta clase gustoume especialmente. Ían de boxeadores e boxeadoras cos seus guantes, os seus pantalóns curtos... Actuaron coa mítica canción "Eye of the tiger". Conseguiron gañar o merecido premio da súa categoría.
3º PMAR (Piratas do Caribe) - Os disfraces foron de dez. A pena foi que non prepararon unha actuación, pero saíron e fixeron unha pequena escena igualmente. Non gañaron o premio de grupo, pero o disfraz de Yanira Gabarri a levou a conseguir o mini-óscar á mellor caracterización. Foi un disfraz incríbel!
4º ESO B (Men in Black) - Os míticos traxes negros cos lentes de sol. Molaban moito. O baile estivo bastante ben, gustoume.
1º BAC A (Dirty Dancing) - Uns disfraces preciosos. A actuación foi moi bonita, sobre todo cando bailaron en parellas. Conseguiron transmitir sentimentos, o cal significa que o fixeron moi ben. Creo que o obxectivo das películas e da música é facer sentir emocións ao público, cousa que conseguiron.
1º BAC B (O Libro da Selva) - As caracterizacións foron boas, ían iguais ós da película. O baile estivo ben, o único que non me gustou foi que mesturaron unha canción tan bonita, coma a do "Libro da Selva", coa de "Anaconda". Pasaron de transmitir bos recordos a estar facendo twerking. Pareceume algo no que se pasaron un pouco.
1º BAC C (Grease) - Este grupo foi xenial, gustoume moito. A caracterización estivo moi ben feita. Unha parella en concreto recreou á perfección a mítica escena do coñecido videoclip da canción "You're the one that I want" Obtiveron o premio á mellor parella.
2º BAC C - Este grupo foi outra parte da clase. A súa actuación foi moi orixinal. Pasaron de bailar "Turn down for what" a estar co remix de "Bailar" de Elvis Crespo ft. Deorro. Aínda que non teño nin idea de que tema ían caracterizados.
2º BAC A e B - Ían de animais en xeral. Danzaron ó ritmo dun mashup de varias cancións. Estiveron bastante ben.
Profesorado (Ghostbusters) - Os disfraces estiveron moi traballados e fixeron unha actuación coa que, ao final, conseguiron o premio ó mellor grupo. Encantounos a todos!
Profesorado - Estes profesores foron de personaxes do mundo do cine (Director, técnico de son e cámara) e tamén de científico e de Darth Vader, uns disfraces moi ben feitos. Dúas profesoras ían magnificamemente caracterizadas de Thelma & Louise.
E ata aquí chega o meu resumo das actuacións. Encantoume este entroido. O único malo que lle vin foi a calidade do son. Ao estar no pavillón o sistema de altofalantes oíase mal porque facía eco. Pero en xeral, foi unha gala DE CINE. Agora a esperar ó próximo ano para vivir o seguinte entroido!
@MartaAnonymous