Eventos
O departamento de Física e Química organiza unha visita á Casa das Ciencias para 4º da ESO (soamente o alumnado de Física e Química), o 2 de febreiro entre as 10:30 e as 14:10. ACTIVIDADE APRAZADA PARA O MES DE MARZO
O departamento de Lingua Castelá organiza unha visita ás instalacións da Voz de Galicia en Sabón para o alumnado de 2º da ESO. A visita terá lugar o 26 de xaneiro, entre as 10:30 e as 12:30.
Os departamentos de Lingua Castelá, Lingua Galega e Xeografía, organizan - para o alumnado de 4º da ESO- unha visita á Casa Museo de Emilia Pardo Bazán e ao Arquivo do Reino de Galicia, o 3 de febreiro, entre as 9:20 e as 14:00. A saída é gratuita, subvencionada polo centro.
O departamento de Matemáticas organiza a asistencia a un taller na Fundación Barrié para o alumnado de 2º da ESO entre ás 9:00 e as 12:30.
Os departamentos de Bioloxía e Tecnoloxía, co motivo da conmemoración da Muller e a nena na Ciencia, promoven a asistencia á proxección da película, Figuras ocultas, nos Rosales. Será para o alumnado de 3º da ESO (10:30-14:00)
![Events at <em>IES David Buján</em> Distribuir contido](/centros/iesdavidbujan/misc/feed.png)