Skip to Content

Eventos

Martes Xaneiro 10, 2017
Start: 10/01/2017 18:14

O departamento de Economía organiza unha vista a ALUMAN S.A (Arteixo) para o alumnado de Economía de 4º da ESO, o martes 10 de xaneiro entre as  10:30 e as 13:20. É unha visita gratuita subvencionada  polo centro.

Xoves Xaneiro 12, 2017
Start: 12/01/2017 19:29

O departamento de Edución Física organiza a participación do alumnado de 1º,2º e 3º da ESO na proba de Campo a través, dentro do Programa de Deporte Escolara da Xunta de Galicia. A actividade será o 12 de xaneiro entre as 10:30 e as 14:10.

Venres Xaneiro 13, 2017
Start: 13/01/2017 19:21

Os departamentos de Bioloxía e de Física-Química organizan unha saída ao Ágora, para escoitar ao profesor de ciencias da USC, José Edelstein. O alumnado de ciencias de 4º da ESO e 1º-2º Bacharelato, sairán do centro ás 10:00 e voltarán ás 12:30

Luns Xaneiro 16, 2017
Start: 16/01/2017 18:29

ACTIVIDADE APRAZADA.O departamento de Educación Física organiza unha xornada na piscina de Acea da Má, o luns 16 de xaneiro, para o alumnado de 1º da ESO. A actividade vaise desenvolver entre as 9:20 e a 13:20.

Start: 16/01/2017 18:36

ACTIVIDADE APRAZADA.Organizada polos departamentos de Lingua Galega e Xeografía e Historia, o alumnado de 2º da ESO e o alumnado de 2º de Bach. (Arte e Literatura galega) levará a cabo unha visita a Padrón e a Santiago de Compostela (cubertas da Catedral) o luns 16 entre as 8:30 e as 18:00.

Start: 16/01/2017 19:29

O departamento de Bioloxía en colaboración coa asociación Ío, organiza unha observación de estrelas na tarde do luns 16 de xaneiro.

Ás 17:20, o alumnado de 1º ESO e de 1ºBach. asistirán a unha charla previa á observación. Ao remate das clases da tarde, o alumnado asistente poderá disfrutar dun chocolate con biscoito; a partir das 19 horas, comezará a observación do ceo. 

A actividade está dirixida aos rapaces e rapazas de 1º da ESO e de 1º de Bach

O alumnado que queira asistir, terá que voltar pola súa conta, xa que non haberá transporte escolar ao finalizar a mesma (sobre as 20:00 aprox.)

Mércores Xaneiro 18, 2017
Start: 18/01/2017 19:18

O departamento de E.F organiza unha xornada na piscina municipal de Acea da Má para o alumnado de 1º da ESO. Vai ser o mércores 18 de xaneiro entre as 9:20 e as 13:OO. Trátase dunha actividade aprazada desde o día 16 de xaneiro.

Luns Xaneiro 23, 2017
Start: 23/01/2017 19:21

Organizada polos departamentos de Lingua Galega e Xeografía e Historia, o alumnado de 2º da ESO e o alumnado de 2º de Bach. (Arte e Literatura galega) levará a cabo un roteiro cultural pola cidade de Santiago e  unha visita cubertas da Catedral o luns 23 entre as 8:30 e as 18:00 . Trátase dunha actividade aprazada do día 16 de xaneiro.

O custo da actividade -viaxe e entrada as cubertas da Catedral- é de 9 euros.

Mércores Xaneiro 25, 2017
Start: 25/01/2017 19:25

O departamento de E.F organiza unha xornada de multideporte no pavillón do IES David Buján. O alumnado de 3º ESO participará en distintas competicións xunto a rapaces de Pontedeume. Será o mèrcores 25 de xaneiro entre as 9:20 e as 13:20

Xoves Xaneiro 26, 2017
Start: 26/01/2017 18:33

O departamento de Lingua Castelá organiza unha visita ás instalacións da Voz de Galicia en Sabón para o alumnado de 2º da ESO. A visita terá lugar o 26 de xaneiro, entre as 10:30 e as 12:30. VISITA APRAZADA PARA O 2 DE FEBREIRO

Luns Xaneiro 30, 2017
Start: 30/01/2017 18:42
Mércores Febreiro 01, 2017
Start: 01/02/2017 18:44

O departamento de  Física e Química organiza unha visita á Casa das Ciencias para 4º da ESO (soamente o alumnado de Física e Química), o 2 de febreiro entre as 10:30 e as 14:10. ACTIVIDADE APRAZADA PARA O MES DE MARZO

Distribuir contido


by Dr. Radut