Eventos
O 24 de febreiro de 1837 nace en Santiago de Compostela unha nena que ese mesmo día é bautizada no Hospital Real, hoxe Hospital dos Reis Católicos, cos nomes de María Rosalía Rita.
Na actualidade, ese mesmo día, conmemoramos o nacemento dunha das figuras máis importantes da nosa literatura que coa súa obra inaugurou unha nova etapa literaria: o Rexurdimento.
Este ano cúmprense ademais os 150 anos da publicación desta obra emblemática, Cantares Gallegos. Para festexar este feito e axudar a unha difusión da obra, este ano imos dedicarlle o anuario do centro a Cantares Gallegos. Para que poidas achegarte á obra e escoller o poema ou poemas que máis che gusten para que figuren no anuario do 2012-1013, aquí che deixamos un enlace ao libro dixitalizado